Sagrado Corazón de Xesús 2019

O Sagrado Corazón de Xesús ten símbolos que precisamente nos axudan a lembrar o sacrificio de Cristo por amor a nós e para a nosa salvación. Estes son os seus significados:

1. A Cruz
É o símbolo cristián por excelencia. Non só é a mostra máis grande de sacrificio do mundo, tamén é do amor de Deus. É nunha Cruz onde Cristo deu a súa vida para a nosa salvación.

2. As Chamas
Tamén nos ensina sobre o amor de Cristo, que é un lume que arde e purifica nosas almas. Transfórmaas para que sexan santas.

3. A Coroa de Espiñas
Lémbranos a dor e a agonía que Cristo sufriu dentro da súa Paixón. Con todo, tamén nos lembra que Xesús é o noso rei. 

4. A chaga e o sangue  
Ocasionado pola lanza que o soldado romano cravou no costado de Cristo, esta ferida derrama sangue e auga, que son símbolo da nosa redención que se nos é dada pola súa morte.






 

 

FICHAS ANTERIORES: Nº1 / Nº2 / Nº3

Comentarios

Publicacións populares