Domingo de Pentecoste - ciclo C





PRIMEIRA Feit 2, 1-11
Quedaron cheos do Espírito Santo e puxéronse a falar
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DOS FEITOS DOS
APÓSTOLOS

2 1Cando se cumpriron os días de Pentecostés, estaban todos xuntos no mesmo sitio. 2De
súpeto, veu do ceo un ruído coma dun forte golpe de vento, que encheu toda a casa onde
estaban; 3e apareceron talmente coma linguas de lume, que, repartidas, foron pousando
unha sobre cada un deles. 4Quedaron cheos do Espírito Santo e puxéronse a falar noutras
linguas, conforme lles concedía o Espírito.

5Había daquela en Xerusalén xudeus piadosos de tódalas nacións da terra. 6O se producir
aquel estrondo, xuntouse a xente e ficou moi desconcertada, porque cada un os sentía falar
na súa propia lingua. 7Pas-mados e admirados, dicíanlles uns a outros: "¡Olla! ¿E todos
estes que están aí a falar non son galileos? 8¿E logo como é que os sentimos falar cada un
de nós no noso propio idioma nativo? 9Partos, medos, elamitas, xente da Mesopotamia,
Xudea, Capadocia, Ponto, Asia, 10Frixia e Panfilia, do Exipto e da parte de Libia contra
Cirene, forasteiros romanos tanto xudeus coma prosélitos, 11cretenses e árabes, sentimos
falar nas nosas linguas das grandezas de Deus".



SALMO RESP. Sal 103, 1ab e 24 ac. 29bc-30. 31 e 34
R/ (30): Manda, Señor o teu Espírito
e renova a cara da terra.
Ou. Aleluia


1Alma miña, bendice ó Señor.
Señor, meu Deus, ti es moi grande,
24¡Cantas son, Señor, as túas obras,
A terra está chea das túas creaturas.

29Retíra-lo teu alento, e expiran,
voltando ó seu po.
30Mánda-lo teu alento, e son creados
e renóva-la cara da terra.

 31Gloria ó Señor por sempre,
alégrese o Señor coas súas obras.
34Que El acolla o meu cantar
e alegrareime eu no Señor.



SEGUNDA 1 Cor 12, 3-13
A todos nos bautizaron nun único Espírito, para formarmos un único corpo
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN
PAULO APÓSTOLO ÓS CORINTIOS

Irmáns e irmás:

Ninguén que diga "Arrenegado sexa Xesús", fala movido polo Espírito de Deus; e ninguén
é capaz a dicir "Xesús é o Señor", se non é baixo o influxo do Espírito Santo.

4Hai diversidade de dons, pero un mesmo Espírito. 5Hai diversidade de servicios, pero un
mesmo Señor. 6Hai diversidade de realizacións, pero un mesmo Deus, que é quen realiza
todo en todos.

7A cadaquén dáselle a manifestación do Espírito para o ben común. 8A un o Espírito dálle
palabra de sabedoría; a outro dálle palabra de ciencia o mesmo Espírito; 9a aque-loutro o
mesmo Espírito concédelle fe. 10A un este mesmo Espírito dálle o don de curacións; a
outro, o don de facer milagres; a outro, o don da profecía; a outro, discernimento de
espíritos. A un, don de falar distintas linguas; a outro, o saber interpretar esas linguas.
11Pero todo isto é un e o mesmo Espírito quen o realiza, repartindo a cada un en
particular, como a El lle parece.

12Porque igual que o corpo, sendo un, ten moitos membros e todos estes membros, con
seren moitos, non fan máis dun corpo: así tamén Cristo. 13Porque a todos nos bautizaron
nun único Espírito, para formarmos un único corpo: tanto xudeus coma gregos, tanto
escravos coma libres. E a todos se nos deu a beber un único Espírito.

SECUENCIA
Ven, Espírito Santo...


ALELUIA
Ven, Espírito Santo, enche o corazón dos teus fieis;
e encende neles o lume do teu amor



EVANXEO Xn 20, 19-23
Como me mandou a min o Pai, así vos mando eu a vós: recibide o Espírito Santo
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN


19Naquel día, o primeiro da semana, ó serán, estando pechadas as portas onde estaban os
discípulos, por medo dos xudeus, chegou Xesús, e, poñéndose no medio, díxolles:
-Paz convosco.

20Dito isto, mostróulle-las mans e mailo costado. Os discípulos alegráronse, vendo o
Señor. 21El díxolles outra vez:
-Paz convosco: coma o Pai me mandou a min, tamén eu vos mando a vós.

22E dito isto alentou sobre eles, e díxolles:
 -Recibide o Espírito Santo: 23a quen lles perdoéde-los pecados, quedaranlles perdoados; a
quen llelos reteñades, quedaranlles retidos.









Comentarios

Publicacións populares