Lecturas e ficha - Domingo 7 Pascua C
PRIMEIRA Feit 7, 55-60
Vexo ó Fillo do Home, de pe, á dereita de Deus
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DOS FEITOS DOS
APÓSTOLOS
55Estevo, cheo do
Espírito Santo e cos ollos cravados no ceo, viu a gloria de Deus e a
Xesús de pé á dereita de Deus, 56e dixo:
-Ollade, vexo o ceo aberto e o Fillo do Home, de pé, á
dereita de Deus.
57Entón pegaron a berrar, taparon os oídos, e todos á xunta
arremeteron contra el;
58quitárono fóra da cidade e comezaron a apedralo. As
testemuñas deixaron os seus
vestidos ós pés dun mozo chamado Saulo.
59Apedraban a Estevo, que invocaba así: "¡Señor Xesús,
recibe o meu espírito!" 60E posto
de xeonllos, berrou con voz forte: "¡Señor, non lles
teñas en conta este pecado!" Dito esto,
adormeceu para sempre.
SALMO RESP. Sal 96, 1 e 2b. 6 e 7c. 9
R/ (1a e 9a): O Señor reina, soberano de toda a terra
1O Señor reina, alégrese a terra,
exulten tódalas illas.
Xustiza e rectitude sosteñen o seu trono.
6Os ceos pregoan a súa rectitude
e tódolos pobos contemplan a súa gloria.
diante del axeónllanse os deuses.
9Ti, Señor, e-lo soberano de toda a terra,
no cumio de tódolos deuses.
SEGUNDA Ap 22, 12-14. 16-17. 20
Ven, Señor Xesús!
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DA APOCALIPSE DE
SAN XOÁN
Eu, Xoán, oín unha voz que me dicís:
12Mira que vou chegar axiña e traio comigo a miña paga, para
lle pagar a cada un
conforme o seu traballo. 13Eu son o Alfa e o Omega, o
Primeiro e o Ultimo, o Principio e
a Fin.
14Benia os que teñen lavada a súa roupa, para teren dereito
á árbore da vida e a entraren
polas portas da cidade.
16Eu, Xesús, mandéivo-lo meu anxo, para que vos dese
testemuño de todo isto que se
refire ás igrexas. Eu son o renovo e a descendencia de
David, o luceiro brillante da mañá".
17O Espírito e a esposa din: "Ven".
Quen escoita, que diga: "Ven".
Quen teña sede, que veña;
o que queira, que colla de balde auga da vida.
20Quen testemuña estas cousas, di: "Si, veño
axiña". ¡Amén! ¡Ven, Señor Xesús!
ALELUIA Cf Xn 14, 18:
Non vos deixarei orfos, di o Señor:
voume e voltarei onda vós e alegrarase o voso corazón
EVANXEO Xn 17, 20-26
Que cheguen á perfecta unidade!
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN
Elevando os ollos ó ceo, Xesús orou dicindo: Pai santo, non
che rogo só por estes, senón
tamén polos que han de crer en min pola palabra deles; 21que
todos sexan un, coma ti, Pai,
en min, e eu en ti; que tamén eles sexan un en nós, para que
o mundo crea que ti me
mandaches. 22E a gloria que ti me deches, déillela a eles,
para que sexan un coma nós
somos un. 23Eu neles e ti en min, para que cheguen á
perfecta unidade, de xeito que o
mundo recoñeza que ti me mandaches e que os amaches a eles,
como me amaches a min.
24Pai, os que me deches, quero que, onde estou eu, estean
tamén eles comigo, para que
contemplen a miña gloria, a que ti me concediches, porque me
amabas xa antes da
fundación do mundo. 25Pai xusto, o mundo non te coñeceu,
pero eu coñecinte, e estes
coñeceron que ti me mandaches. 26Eu manifestéille-lo teu
nome e llelo seguirei
manifestando, para que o amor co que me amaches estea neles,
e tamén eu estea neles.
Comentarios
Publicar un comentario