28 jun. 2014

Festividade do Sagrado Corazón

Buscando cousas para o Sagrado Corazón atopei estas manualidades para nenos, que fixeron para S.Valentín pero que me parecen estupendas para este día, son palabras "para o corazón", tomadas das Escrituras:

-"Meus amigos, amémonos úns ós outros, porque o amor vén de Deus; e todo aquel que ama naceu de Deus e coñece a Deus" 1 Xoán 4,7

-"O amor non pasa endexamais; mentres que as profecías desaparecerán, as linguas calarán, a ciencia acabará." 1 Corintios 13, 8

-"Nós somos capaces de amar, porque El nos amou primeiro." 1Xoán 4,19

-"María conservaba todas estas cousas no seu corazón." Lucas 2, 51b

-"Amara-lo Señor, o teu Deus, con todo o teu corazón, con toda a túa alma, con todo o teu entendemento e con tódalas túas forzas." Marcos 12, 30

-"Que o amor non sexa finxido: afastádevos do mal e apegádevos ó ben: sede cariñosos uns cos outros, coma irmáns; competide na estima mutua." Romanos 12, 9-10

-"Pon as delicias  no Señor: El darache o que arela o teu corazón." Salmos 37, 4

-"No meu corazón escondo os teus ditos, para non pecar ante ti." Salmo 119, 11

-"Non te vingarás nin lles terás xenreira ós teus conveciños: amara-lo teu próximo coma a ti mesmo." Levítico 19, 18







FONTE: 


FONTE:


FONTE:

http://www.catholicicing.com/sacred-heart-of-jesus-craft-and-a-linky/



FONTE:




+FICHAS:
http://xanostesaqui.blogspot.com.es/2013/06/fichas-sagrado-corazon.html



No hay comentarios:

Publicar un comentario