Ficha e Lectio - Corpus Christi ciclo A





LECTIO :
http://www.salesianos.edu/sites/default/files/LectioDivina_080525.pdf


As palabras de Xesús pertencen ao longo “discurso do pan de vida” (Xn 6) pronunciado por Xesús na sinagoga de Cafarnaúm, ante a xente que o buscaba e seguía, despois de participar admirada no milagre da multiplicación dos pans. Xesús repróchalles estar a pensar só no pan que calma a fame corporal, e revélaselles, así tamén hoxe a nós, como o pan vivo baixado do ceo, que nos dará a vida eterna.

No texto do evanxeo repítese nove veces o substantivo, o adxectivo, o verbo, vida, vivo, vivir. É dicir, segundo o evanxeo de san Xoán, o que Deus quere é comunicarnos vida, que vivamos máis e mellor agora, que vivamos logo para sempre e en plenitude. E, para iso, para enchernos de vida, para comunicar vida, é polo que o Fillo Xesús faise "verdadeira comida" e "verdadeira bebida".

Os seres humanos sempre anhelamos un alimento desa índole: que acougue para sempre a fame de verdade, xustiza, amor e beleza que hai en nós. Un alimento que nos de vida eterna, como a de Deus. Un pan de inmortalidade. Ante o escándalo dos xudeus que se preguntan como é que Xesús daralles a comer a súa carne, Xesús responde insistindo en que a súa carne e o seu sangue, entregadas á morte por amor de todos nós, e significadas no pan e no viño da eucaristía, constitúen ese verdadeiro alimento que os seres humanos buscamos. É o misterio que conmemoramos e adoramos nesta solemnidade do Corpus Christi.

Na celebración da Eucaristía atopamos o sentido profundo do que significa comer e beber a Cristo, porque non entramos en comuñón cunha revelación ou cunha idea, entramos en comuñón cunha persoa real. Na Eucaristía Xesús fainos participes da mesma vida do Pai; na Eucaristía, Xesús entrégasenos como alimento de vida participada do Pai. Por iso, a Eucaristía é o alimento que satisfai realmente; é fonte da vida e semente de eternidade. A vida eterna está xa presente no que come a Eucaristía, aínda que esta vida só alcanzará a súa plenitude na resurrección futura.

Pero a eucaristía cristiá é tamén, como o maná do pobo de Israel no deserto, un alimento de solidariedade. Como podemos dicir que participamos na mesa de Xesucristo se ao noso lado hai tantos e tantos irmáns nosos que teñen fame? Os santos e os mellores cristiáns de todos os tempos, sentíronse impulsados a remediar as necesidades dos pobres e dos pequenos que os rodean, precisamente ao participar do banquete eucarístico. Se Deus sérvenos tan espléndidamente a mesa, como non servirlla nós aos nosos irmáns, para que sintan que eles tamén son fillos de Deus?


ORACIÓN-RECORDATORIO DO CORPUS CHRISTI PARA NENOS:


Comentarios

Publicacións populares