O Señor líbrame de todos os meus temores - Salmo 33
Festividade S.Pedro e S.Paulo
BENAVENTURANZAS
para unha Igrexa máis evanxélica
Ditosa a Igrexa "pobre de espírito"
e de
corazón sinxelo,
que actúa sen prepotencia nin arrogancia,
sen riquezas nin
esplendor,
sostida pola autoridade humilde de Xesús.
Dela é o reino de Deus.
Ditosa a Igrexa que "chora" cos que choran
e
sofre ao ser desposuída de privilexios e poder,
pois poderá compartir mellor a
sorte dos perdedores
e tamén o destino de Xesús.
Un día será consolada por
Deus.
Ditosa a Igrexa que renuncia a imporse pola forza,
a
coacción ou o sometemento,
practicando sempre a mansedume
do seu Mestre e
Señor.
Herdará un día a terra prometida.
Ditosa a Igrexa que ten "fame e sede de
xustiza"
dentro de si mesma e no mundo enteiro,
pois buscará a súa propia
conversión
e traballará por unha vida máis xusta e digna
para todos,
empezando
polos últimos.
O seu anhelo será saciado por Deus.
Ditosa a Igrexa compasiva
que renuncia ao rigorismo
e
prefire a misericordia antes que os sacrificios,
pois acollerá os pecadores
e
non lles ocultará a Boa Nova de Xesús.
Ela alcanzará de Deus misericordia.
Ditosa a Igrexa de "corazón limpo"
e conduta
transparente,
que non encobre os seus pecados
nin promove o segredo ou a
ambigüidade,
pois camiñará na verdade de Xesús.
Un día verá a Deus.
Ditosa a Igrexa que "traballa pola paz"
e
loita contra as guerras,
que xunta os corazóns e sementa concordia,
pois
contaxiará a paz de Xesús
que o mundo non pode dar.
Ela será filla de Deus.
Ditosa a Igrexa
que sofre hostilidade e persecución
por mor da xustiza,
sen refugar o martirio,
pois saberá chorar coas vítimas
e
coñecerá a cruz de Xesús.
Dela é o reino de Deus.
José Antonio Pagola
Comentarios
Publicar un comentario