Ti es digno de gloria e loanza por sempre.- Daniel 3, 52-56

Santísima Trindade - ciclo A


FÁLAME DE DEUS 


Díxenlle á amendoeira: fálame de Deus
e a amendoeira floreceu.

 Díxenlle ao pobre: fálame de Deus, 
e o pobre ofreceume a súa capa.
Díxenlle a un pequeno: fálame de Deus 
e o pequeno sorriu.

Díxenlle á fonte: fálame de Deus 
e a auga abrollou.
Díxenlle a miña nai: fálame de Deus
e miña nai deume un bico na fronte. 

Díxenlle á voz: fálame de Deus
e a voz non encontrou palabras.

Díxenlle á Biblia: fálame de Deus
e a Biblia non parou de falar.
Díxenlle a Xesús: fálame de Deus
e Xesús rezou o Noso Pai.

Díxenlle temeroso ao sol poñente: fálame de Deus 
e o sol ocultouse sen dicirme nada.
Pero ao día seguinte ao amencer,
cando abría a ventá, xa me volveu sorrir. 




Comentarios

Publicacións populares