Ficha e Lectio - Santísima Trindade ciclo A
Disculpade o erro,
publiquei a ficha da semana que vén por equivocación.
Inda estamos a tempo...
LECTIO:
LECTURA: Que di o
texto?
Estudo bíblico do texto.
San Xoán, preséntanos este texto tan importante que é como
un resumo do que el mesmo viviu con Xesús. Lembremos que Xoán mesmo na súa
primeira carta no capítulo 4 versículo 8 di claramente a definición de Deus: “Deus
é amor”.
Por tanto, a teoloxía presente do evanxelista Xoán, que
escribiu ao redor dos anos noventa de nosa era, cando xa Xoán e as comunidades
de discípulos reflexionaron bastantes anos sobre o misterio de Xesús, o Cristo,
chegan á síntese clara sobre o amor de Deus e Deus que é amor.
Xoán fai no medio do seu Evanxeo, toda a síntese do mesmo, o
amor de Deus é tan grande, que envía ao seu único Fillo para salvar a toda a
humanidade que caera na desgraza. Esa desgraza do pecado e a súa consecuencia a
morte, xa foron vencidas por quen venceu ao mundo, e venceu a morte. Esta é a
vitoria que trae para todos os que cren nel: ofrecer a vida inmortal e para sempre.
A conxugación dos verbos de parte de Xoán é moi curiosa, di
para que o mundo se salve por medio del.
É dicir, deixa tamén a vontade ás persoas de crer en Xesús, o Cristo, o Señor.
A proposta de Xoán é simple, hai que crer no Fillo de Deus.
Hai que crerlle a El, non só dicir de beizos para fóra que Xesús é o Mesías, o
enviado, etc. Se non lle cre a El e aos seus mandamentos de amor, para poder
recibir a salvación e a vida eterna.
…
Reconstruímos o texto:
1. Como comeza o texto?
2. Que di Xoán, cal é a actitude de Deus Pai para co mundo?
3. Que fixo entón Deus para salvar ao mundo?
4. Que é necesario para recibir a salvación?
5. Que sucede cos que cren en Xesús?
6. Que sucede cos que non cren?
7. Veu Xesús para xulgar? Ou cal foi a súa misión?
8. Como culmina o texto?
MEDITACION: Que me ou
nos di o texto?
Fagámonos unhas preguntas para profundar máis nesta Palabra
de Salvación:
1. Moitas veces confundímonos coa Trindade, hoxe queremos
entender este concepto que vén da Filosofía. Entendo que Deus, o Pai, enviou ao
seu Fillo Único para salvar a todos os que vivimos neste mundo?
2. E entre os que vivimos neste mundo, estou eu? Doume
conta?
3. Se tivese que pór unha porcentaxe á miña fe Canto me
poría?
4. Doume conta que da miña fe nace unha esperanza para a
vida eterna?
5. É a fe para min un adorno cultural? Ou é un motivo de vida permanente, que me
impulsa a seguir crecendo?
6. Que significaría neste caso ter vida? Non morrer?
7. Que espero do Xuízo do Señor?
8. O crer, cambia a miña vida?
ORACION: Que lle digo
ou dicimos ao Señor?
Orar, é responderlle ao Señor que nos fala primeiro. Estamos
a querer escoitar a súa Palabra Salvadora.
Esta Palabra é moi distinta ao que o mundo ofrécenos e é o
momento de dicirlle algo ao Señor: Grazas Señor pola túa Palabra Salvadora.
Oremos co texto de Daniel proposto para este domingo:
Ti es digno de gloria
e loanza por sempre.
Bendito
es Ti, Señor, Deus dos nosos pais,
bendito
o teu nome, santo e glorioso.
Bendito
es Ti no templo santo da túa gloria,
bendito
es Ti sobre o trono do teu reino,
bendito
es Ti que sondas os abismos,
e estás
sentado sobre querubíns.
Bendito
es Ti no firmamento do ceo.
CONTEMPLACION: Como
interiorizo ou interiorizamos o texto?
Para o momento da contemplación podemos repetir varias veces
este versículo do Evanxeo para que vaia entrando á nosa vida, ao noso corazón.
“O que cre nel non é xulgado.” (versículo 18)
E desta forma pómonos en contemplación, repetindo e
agradecendo a Xesús que veña.
ACCION: A que me
comprometo?
Practicando o exercicio de Lectio Divina debe haber un
cambio notable na miña vida. Se non cambio, entón, pois non son un verdadeiro
cristián.
Se estou só, volvo ler o texto, busco o interior das
palabras que son dadas para min. Escribe o teu compromiso misioneiro. Ve a
levarlle esta mensaxe a alguén que o necesita
No grupo. É importante descubrir co grupo a acción de Deus
para con todos nós. Non propomos ser misioneiros de Deus que veu liberarnos do
pecado co seu amor. Imos ir levar a Xesús para que o coñezan outros que aínda
non o coñecen.
VER TAMÉN:
http://escoladeespiritualidade.blogspot.com/2014/06/15-de-xuno-santisima-trindade-a.html
http://iglesiadesopelana3m.blogspot.com.es/2014/06/20141506-feast-of-most-holy-trinity-a.html (4º IDIOMA: GALEGO)
http://escoladeespiritualidade.blogspot.com/2014/06/15-de-xuno-santisima-trindade-a.html
http://iglesiadesopelana3m.blogspot.com.es/2014/06/20141506-feast-of-most-holy-trinity-a.html (4º IDIOMA: GALEGO)
MANUALIDADES PARA ESTE DÍA
Comentarios
Publicar un comentario