Domingo 2 de Coresma C
PRIMEIRA Xen 15, 5-12. 17-18
Deus establece alianza co fiel Abraham
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DA XÉNESE
5Levou Deus fóra a
Abraham e prometeulle: -"Olla cara ó ceo e conta as estrelas, se é que
podes. Así terás de descendentes". 6Abram creu ó Señor,
que llo tivo en conta para a
xustificación.
7Despois díxolle o Señor: -"Eu son o Señor, que te
sacou de Ur dos Caldeos, para che dar
en herdo esta terra".
8Abram preguntou: -"Señor e dono meu, ¿como saberei que
será miña?"
9O Señor respondeu: -"Tráeme unha becerra, unha cabra e
un carneiro, todos eles de tres
anos, e mais unha rula e unha pomba".
10Abram trouxo todo, partiu os animais polo medio e puxo
unha metade fronte á outra;
pero as
aves non as partiu. 11Os voitres descendían á carnada, e Abram
espantábaos.
12Cando o sol estaba para se pór, apoderouse de Abram un
sono profundo e invadiuno
unha escura ansiedade.
17Cando se puxo o sol e se fixo noite pecha, Abram viu pasar
entre os membros dos
animais tallados un fume coma de forno e un facho de lume.
18Aquel día fixo o Señor con
Abram esta alianza: -"Os teus descendentes dareilles
esta terra, desde o torrente de Exipto
ata o gran río Éufrates,
SALMO RESP. Sal 26, 1. 7-8. 9abc. 13-14
R/ (1a): O Señor é a miña luz e salvación
O Señor é a miña luz e salvación,
¿a quen hei de temer?
O Señor é o meu castelo,
¿ante quen hei de tremer?
7Escoita, Señor, a voz que chama,
ten piedade e respóndeme.
8Por ti dime o corazón:
-"Buscade a miña presencia".
A túa presencia eu busco, Señor.
9Non te escondas de min,
non me desbotes con ira.
Ti e-la miña axuda; non me deixes,
13Eu espero gozar dos bens do Señor
na terra da vida.
14Espera no Señor;
ten corazón forte e valente
e espera no Señor.
SEGUNDA Flp 3, 17 - 4, 1 (longa)
Cristo hanos configurar co corpo da súa gloria
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO
APÓSTOLO ÓS FILIPENSES
17Irmáns, seguide todos o meu exemplo e reparade nos que
camiñan conforme o modelo
que tedes de nós. 18É que moitos -dos que xa vos teño falado
e agora falo a chorar-
pórtanse coma inimigos da cruz de Cristo. 19Esa xente vai
acabar na perdición; o Deus
dela é o bandullo; o orgullo dela está na vergonza: xente
que só se interesa polas cousas
terreais. 20Pero a nosa patria está no ceo, de onde nós
agardamos un salvador, Xesús
Cristo, o Señor. 21El ha transfoma-lo noso pobre corpo,
reproducindo en nós a gloria do
seu propio corpo con ese poder que lle permite someter
incluso o mesmo universo.
4 1Polo tanto, meus irmáns tan queridos e por quen sinto
saudades, miña alegría e coroa,
¡seguide así firmes no Señor, queridiños!
Ou máis breve: 3, 20 - 4, 1
Irmáns e irmás:
A nosa patria está no ceo, de onde nós agardamos un
salvador, Xesús Cristo, o Señor. 21El
ha transfoma-lo noso pobre corpo, reproducindo en nós a
gloria do seu propio corpo con
ese poder que lle permite someter incluso o mesmo universo.
4 1Polo tanto, meus irmáns tan queridos e por quen sinto
saudades, miña alegría e coroa,
¡seguide así firmes no Señor, queridiños!
VERSIÑO
Oíuse a voz do Pai, que dicía desde a esplendente nube:
Este é o meu Fillo benquerido; escoitádeo
EVANXEO Lc 9, 28b-36
Transfigurouse o seu rostro mentres oraba
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS
28Xesús colleu a Pedro, a Xoán e mais a Santiago e subiu ó
monte a orar. 29Mentres
estaba orando, cambiou o aspecto do seu rostro, e os seus
vestidos viraron brancos e
resplandecentes. 30De súpeto apareceron dous homes falando
con el; eran Moisés e mais
Elías. 31Tiñan un aspecto glorioso e falaban do seu éxodo
que remataría en Xerusalén.
32Pedro e mailos outros caían co sono, pero, manténdose
espertos, contemplaron a súa
gloria e os dous homes que o acompañaban. 33Cando eles se
arredaban, díxolle Pedro a
Xesús:
-Mestre, ¡que ben que esteamos nós aquí! ¿Queres que vos
fagamos tres tendas, unha para
ti, outra para Moisés, e outra para Elías?
Pero non sabía o que dicía. 34E mentres falaba, unha nube
cubriunos coa súa sombra; eles
quedaron moi asustados ó entraren nela. 35Entón unha voz
dixo desde a nube:
-Este é o meu Fillo, o Elixido: escoitádeo.
36Cando a voz acabou, Xesús apareceu só. E eles gardaron
silencio. E non lle dixeron a
ninguén nada do que viran naqueles días.
Comentarios
Publicar un comentario