ORACIÓN SEMANA 3 DE CORESMA


NO MEU DESERTO

Vivo, Señor, no meu deserto de angustias e miserias.
Vivo, Señor, no meu deserto de infidelidades.
Vivo, Señor, no meu deserto 
de penas e historias que me atan.
Vivo, Señor, nun deserto 
no que me custa traballo escoitar a túa voz.

Libérame e escoita a miña voz que Te chama.
Libérame e sácame do meu Exipto.
Libérame e abre os meus ollos para buscarte.
Libérame e téndeme a túa man forte.
Libérame e condúceme ao teu deserto, Señor.

No teu deserto, Señor, 
quero vivir doutra cousa que non é pan.
No teu deserto, Señor, quero ser fiel á túa Palabra.
No teu deserto, Señor, quero camiñar dándoche a man.
No teu deserto, Señor, quero dar froitos e
facer que de min manen amor e misericordia.
No teu deserto, Señor, sei que atoparei a túa Vida,
sei que atoparei a miña vida.

Entrarei no teu deserto, Señor.
Desposuireime de todo o que me oprime.
Deixarei que me fales e me seduzas.
Porque quero facerme forte en Ti.
Porque quero no teu deserto, Señor,
ter as mans dispoñibles
para abrazar a túa Cruz.




Comentarios

Publicacións populares