ORACIÓN SEMANA 2 DE CORESMA
Hoxe Deus convócate
Hoxe Deus convócate.
Hoxe Deus sae ao teu paso.
Hoxe Deus che suxire, con rumoreo de invitación:
"Vólvete a min. Estou a esperarte".
Rasga o teu corazón e purifícao de todo o que lle aparta de min.
Pregúntate: Quen é o teu deus? A quen ou a que adoras?
Hoxe Deus che di:
Este é o tempo oportuno.
Esta é unha nova oportunidade.
Este é un día de salvación.
En nome de Deus: "Déixate reconciliar con Deus".
Hoxe Deus che di:
Non vivas de aparencias.
Traballa en segredo o teu corazón ata facelo semellante a Deus.
Entra no segredo da túa vida. Atrévete.
Deus está no escondido, no teu dentro máis íntimo.
Entra alí, no teu adentro.
Atravesa a superficialidade que che rodea.
Entra no teu dentro e ora.
Deus escoita a túa secreta oración.
Deus ten ganas de intimar contigo.
Deus está a esperarte.
Hoxe Deus espera:
Facerte novo.
Alegrar a túa vida.
Comentarios
Publicar un comentario