Domingo 1 de Coresma C
PRIMEIRA Dt 26, 4-10
Confesión de de fe do pobo elixido
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DO DEUTERONOMIO
Faloulle Moisés ó pobo dicindo:
4O sacerdote collerá a cesta da túa man e poraa diante do
altar do Señor, o teu Deus. 5Entón ti tomara-la palabra e dirás diante do Señor, o teu
Deus: Meu pai era un arameo errante, que baixou a Exipto, onde residiu como emigrante
con pouquiña xente, que o acompañaba. Alí converteuse nun pobo grande, poderoso e
numeroso. 6Pero os exipcios maltratáronnos, oprimíronnos e impuxéronnos cruel servidume.
7Entón chamamos polo Señor, Deus de nosos pais, e o Señor escoitou o noso clamor
e viu a nosa opresión e o noso duro traballo. 8Logo o Señor fíxonos saír de Exipto con man
forte e brazo estendido, con grande terror, con sinais e con feitos marabillosos, 9e
fíxonos entrar neste santuario e entregounos esta terra, terra que deita leite e mel. 10Por
isto, velaí que agora eu trouxen as primicias dos froitos da terra que ti me deches, Señor.
Poralas na presencia do Señor, o teu Deus, postraraste na
presencia do Señor, o teu Deus,
SALMO RESP. Sal 90, 1-2. 10-11. 12-13 14-15
R/ (cfr 15b): Estate comigo, Señor, nos apretos
1O que habita ó agarimo do Altísimo
e mora á sombra do Omnipotente,
2dígalle ó Señor: -"Meu refuxio, miña forza,
meu Deus, en quen confío".
10Ningún mal non te tocará,
ningunha praga non se achegará á túa tenda.
11Pois El manda os seus anxos
para que te garden en tódolos camiños.
12Levarante nas palmas das mans,
para que non batan nas pedras os teus pés.
13Esmagarás áspides e serpes,
calcarás leóns e dragóns.
14Xa que me ten afecto, librareino,
poreino en seguro, xa que coñece o meu nome.
15Chamarame, e respondereille,
estarei con el nos apretos,
defendereino e honrareino.
SEGUNDA Rm 10, 8-13
Confesión de fe de quen cre en Cristo
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO
APÓRTOLO ÓS ROMANOS
Irmáns e irmás:
8¿Que di positivamente a Escritura?
-Cerca de ti está a palabra,
na túa boca e no teu corazón.
Esa é a palabra da fe que anunciamos. 9Porque, se confesas
coa túa boca que Xesús é Señor e cres de corazón que Deus o resucitou dos mortos,
serás salvo. 10Pois é crendo co corazón como se chega á xustificación; e é confesando coa
boca como se chega a salvación. 11Porque di a Escritura: todo o que crea nel non
quedará defraudado. 12Pois non hai diferencia entre o xudeu e o grego, xa que un mesmo
é o Señor de todos, rico para tódolos que o invocan; 13por-que todo o que invoque o nome
do Señor será salvo.
VERSIÑO:
O home non vive só de pan,
senón de toda palabra que procede da boca de Deus
EVANXEO Lc 4, 1-13
Era conducido polo Espírito ó deserto, e era tentado
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS
4 1Xesús, cheo de Espírito Santo, voltou do Xordán, e o
Espírito levouno deserto adiante, 2durante corenta días, onde o tentou o Satán. Naqueles días
non probou bocado, pero ó cabo deles sentiu fame. 3E díxolle o Satán:
-Se e-lo Fillo de Deus, manda que estas pedras se volvan
pan.
4Respondeulle Xesús:
-Está escrito: O home vive de algo máis ca de pan.
5Despois levouno a un outeiro e mostroulle nun intre tódolos
reinos do mundo. 6Díxolle o Satán:
-Dareiche todo o seu poder e toda a súa gloria, porque mos
entregaron a min e doullos eu a quen quero: 7Se me adoras todo será teu.
8Respondeulle Xesús:
-Escrito está: Adorara-lo Señor, o teu Deus, e só a El darás
culto.
9Levouno logo a Xerusalén e plantouno no cumio do templo e
díxolle:
-Se e-lo Fillo de Deus, bótate de aquí abaixo, 10que está
escrito: Mandará ós seus anxos para que te garden; e tamén: 11Leva-rate nas súas mans para
que non se manquen os teus pés nas pedras.
12Xesús respondeulle:
-Está mandado:Non tentara-lo Señor, o teu Deus.
13E rematadas as tentacións, o Satán deixouno ata o tempo
axeitado.
Comentarios
Publicar un comentario