Domingo 8 de ordinario C
PRIMEIRA Sir 27, 5-8 (gr 4-7)
Antes de falar non louves a ninguén
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DO ECLESIÁSTICO
4Tralo abaneo da
peneira, queda o farelo;
tamén queda o refugallo do home cando o examinan.
5As potas do oleiro saen segundo arda o forno,
un home é o que é segundo o que pensa.
6Conforme o que se coide unha árbore serán os seus froitos,
e o raciocinio segundo a inclinación que un teña.
7Non louves a ninguén antes de que razoe
pois tal é a proba dos homes.
SALMO RESP. Sal 91, 2-3. 13-14. 15-16
R/ (cf 2a): É bo louvarte, Señor
2É bo louvarte, Señor,
canta-lo teu nome, Altísimo,
3pregoar de mañá o teu amor
e de noite a túa fidelidade,
13Os xustos medrarán coma palmeiras,
ergueranse coma cedros do Líbano.
14Plantados na casa do Señor,
florecerán nos adros do noso Deus.
15Aínda na vellez
seguirán dando froito,
estarán fortes e frescos,
16para pregoar que recto é o Señor,
a miña rocha, en quen non hai iniquidade.
SEGUNDA 1 Cor 15, 54-58
Déuno-la victoria por medio de Xesús Cristo
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN
PAULO APÓSTOLO ÓS CORINTIOS
Irmáns e irmás:
54Cando isto corruptible se revista de incorrupción e isto
mortal se revista de
inmortalidade, entón cumprirase a palabra que está escrita:
a morte foi tragada pola victoria
55Morte, ¿u-la túa victoria?
Morte ¿u-lo teu aguillón?
56O aguillón da morte é o pecado e a forza do pecado é a
Lei. 57Pero deámoslle as gracias
a Deus, que El nos dá a victoria por medio do noso Señor
Xesús Cristo.
58Así que, meus irmáns queridos, mantédevos firmes e
inabalables; aplicádevos cada vez
máis á obra do Señor, sabendo que os vosos esforzos coma
cristiáns non son en balde.
ALELUIA Flp 2, 15d. 16a
Iluminaréde-lo mundo coma luminarias,
aportando a palabra de vida
EVANXEO Lc 6, 39-45
Da abundancia do corazón fala a boca
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS
39Xesús púxolles ós discípulos unha comparanza:
-¿Acaso poderá un cego guiar a outro cego? ¿Non caerán os
dous na fochanca? 40Non está
o discípulo por enriba do mestre; anque todo discípulo que
chegue a prepararse ben, será
coma o seu mestre. 41¿Por que reparas no lixo que hai no
ollo de teu irmán, e non te
decatas da trabe que está no teu propio ollo? 42¿Como lle
poderás dicir a teu irmán:
"Irmán, deixa que che quite o lixo que tes no
ollo", sen reparar na trabe que tes no teu?
¡Hipócrita! Quita primeiro a trabe do teu ollo, e logo verás
mellor para quita-lo lixo do ollo
de teu irmán.
43Non hai árbore boa que produza froitos ruíns, nin tampouco
árbore ruín que produza
froitos bos. 44Así, cada árbore coñécese polos seus froitos.
Pois dos toxos non se collen
figos, nin das silveiras se vendiman uvas. 45O home bo saca
o ben da bondade do seu
propio corazón, e o home malo saca o mal da súa maldade,
pois do que reborda o corazón
fala a boca.
Comentarios
Publicar un comentario