Ficha e Lectio - Domingo 2 de Coresma B
FICHAS ANTERIORES:
CATEQUESE DE GALICIA:
LECTIO:
DOMINGO II DE CORESMA
(Ciclo B: 25 de
febreiro 2018)
Entrados
xa desde o pasado mércores de Cinza no tempo de Coresma, e querendo seguir o
ritmo que nos marca a liturxia, atopámonos hoxe liturxicamente no cumio de dúas
montañas. A primeira montaña é a da escena do proxectado sacrificio de Isaac,
onde o verdadeiro sacrificado será no fin de contas, non Isaac, senón o seu pai
Abrahán. Iso ocorrerá, como se lle anuncia a Abrahán, “no cimo dunha das
montañas que eu che mostrarei”. A
segunda montaña é a da Transfiguración de Xesús, escena que ten lugar, como nos
conta Marcos, nun “monte alto”: aquí a dor do corazón do pai Abrahán trócase na
alegría dos apóstolos ante un Xesús resplandecente, anunciando cal será o seu
futuro e, en consecuencia, o noso tamén.
As
montañas son, como ben saben antropólogos e historiadores do feito relixioso,
lugares onde os deuses das relixións adoitan comunicarse. Son por iso lugares
sagrados. Amosan a estabilidade e eternidade de Deus ou dos deuses. Respírase
alí aire puro, alí hai horizontes abertos, alí o ceo está máis preto da terra,
alí hai silencio e misterio. Así, por exemplo, o monte Olimpo, era xa para os antigos gregos o lugar onde vivían
os seus deuses. Mais tamén os montes do xudaísmo e do cristianismo tiveron unha
importante función relixiosa. Pensade nos montes Horeb, Sión, Tabor, Garizín,
Carmelo, o monte das Oliveiras, o dos Caveiras (o Gólgota) e moitos máis. Os
montes eran, ademais, como ben sabemos, o lugar preferido de oración de Xesús.
Os
galegos e os que nos precederon neste noso país non somos nisto moi diferentes
de cantos relacionan os montes coa relixiosidade. Xa no século I antes de
Cristo se dicía dos habitantes de Galicia que consideraban os montes como
lugares “sagrados” e que por iso querían neles tamén ser enterrados. Aí están
aínda para confirmalo os restos das mámoas sepulcrais existentes en bastantes
montes de Galiza.
Pola
miña parte téñolle, en calquera caso, devoción ás montañas; tamén, claro, ó
mar, pero o do mar deixámolo para outro día. Hoxe toca máis ben facer loa das
montañas. Nacín ademais nunha bisbarra pontevedresa que se chama “Terra de
Montes”, onde houbo poetas que souberon cantar belamente os montes.
Concretamente un que se chamaba Otero Espasandín e que desde os Estados Unidos,
a comezos do século pasado, cantou os montes da súa parroquia natal de Santa
Olaia de Castro nun poema seu que leva como título Pico de Castrodiz.
Léovos un par de fermosas estrofas, nas que se mesturan fondas vivencias
humanas e relixiosidade:
Castrodiz, castro amigo
en
terras de Cerdedo:
Nacín
á túa veira,
soñei
coas túas lendas sendo neno.
Ergueito
sen fachenda,
no
vran e no inverno,
escoitando
no Lérez
que
baixa entre penedos
o
canto sosegado,
penso
en ti, Castrodiz,
pastor
de campanarios e luceiros.
Vinte
parroquias soñan e anceian
ao
redor teu, mentres que ti, antergo
Castrodiz,
no mar soñas
e,
coma el, abísmaste nos númaros do ceo.
Nacín
no teu regazo
e
a ti subín a ver o mar, moi cedo,
unha
mañán de maio,
tola
de labercas. Voaban os centeos
dunha
ladeira á outra
mordidos
os calcaños polo vento.
As
túas curmáns, a Conla e a Baúca,
de
arriba abaixo vestían de amarelo.
Máis
abaixo de Dorna e Pontevedra,
pola
liña en que os soños brincan da terra ao ceo,
non
sei se vin o mar ou o soñei,
subido,
Castrodiz, aos teus hombreiros.
(Mar
de Marín, mar de Marín,
recendo
de sal e laranxeiros!...)
Di,
vello padriño dos meus soños,
se
cando cala o merlo
e
os campanarios dos contornos,
á
noitiña, chaman polos labregos,
parlas
co sabio moucho
e
rezas polos mortos en segredo.
Pídoche,
Castrodiz, dende esta terra
envellecida
nova, metro e medio
de
chan pra cando morra
soñar
cos enxamios dos vencellos,
ca
fror do toxo, ca groria das labercas
e
a brancura das neves de febreiro.
Como
vedes, Otero Espasandín (que vivía na América do Norte) quería tamén ser
soterrado, coma os seus devanceiros galegos, nunha montaña, no seu monte de
Castrodiz. Malia os seus desexos, os seus restos esperan aínda a que chegue o
día de poderen acougar por fin no seu monte natal de Castrodiz, a pouco máis
dun tiro de pedra da miña parroquia natal.
Un meu
amigo, Calros Solla -profesor, escritor e promotor do patrimonio cultural
galego- falábame non hai moito da importancia que teñen tamén neste contexto
simbólico da nosa montaña as rochas cimeiras da chamada “porta do Alén” no
Monte do Seixo en Cerdedo, tamén na “Terra de Montes”. Alí -comentábame el-
“síntese preto a Deus”.
Mais
volvamos xa ó texto de Marcos. Como a nosa fe nos pide que nos “convertamos e
creamos no evanxeo”, é dicir, na boa e alegre nova, é Xesús mesmo quen lles
desvela ós seus tres discípulos máis sobranceiros a alegría á que todos estamos
destinados con El. En vésperas dos seus padecementos, Xesús quere que os seus
apóstolos sexan testemuñas da luz que nos está a esperar ó final do túnel polo
que todos, dunha ou doutra maneira, teremos que pasar.
Un
túnel que non deixa de se asemellar ós nubeiros da dor e da escuridade polos
que Abrahán tivo que pasar ante a perspectiva de sacrificar o seu propio fillo
Isaac, que viña sendo para el a única posibilidade de ter a descendencia que
Deus mesmo lle prometera.
Tanto
a primeira Lectura como o Evanxeo están ben acugulados de contido como para ser
comentados amodo. En calquera caso, a mensaxe central é ben clara. Xesús é
confirmado unha vez máis por Deus Pai como o Fillo seu: “Este é o meu fillo
benquerido”. O que se nos di é algo curto e, ó tempo, moi denso. Unha soa
palabra, mais preñada de fondas consecuencias: “Escoitádeo”. Cómpre aquí non
esquecer que na Biblia “escoitar” non quere dicir algo así como “escoitar” o
móbil ou a radio, senón que significa “seguir” a Xesús, facer o que el fai,
facer que florezan a vida, a xustiza, o amor, sermos –en definitiva- testemuñas
vivas de Xesús, do seu comportamento fraternal con todos e do seu amor filial ó
Pai.
Un
amor ó Pai do seu “benquerido” fillo Xesús, que como o de Abrahán, tivo que
pasar por duras probas, ata chegar a ver luz, claridade, resurrección.
Non
nos esquezamos. Se Xesús é o “benquerido” polo Pai, tamén nós somos
“benqueridos” polo mesmo Pai na forza e no poder de Xesús e do seu Espírito.
Por iso o apóstolo Paulo dinos na súa carta ós Romanos que o Pai nos agasalla
en Xesús con todos cantos bens podemos desexar. Se o Pai nos regala Xesús,
exclama Paulo, “¿como non nos vai regalar todo xunto con El?”.
Unha
vez máis. A liturxia coresmal convídanos a crer na “boa nova”, a crer nesa
“esperanza” e neses horizontes que só se ven nidios e abertos desde esas
montañas misteriosas e sagradas ás que subiron tanto Abrahán e Isaac como
despois Xesús cos seus tres apóstolos preferidos.
Que
os Apóstolos que presiden aquí, na súa imaxe esculpida en pedra, a nosa liturxia
nos axuden a robustecérmonos nesa fe.
CREDO
ORACIÓN DOS FIEIS
Confiados
na bondade do noso Pai Deus, dirixímoslle a nosa oración dicindo: Escóitanos, Pai.
TODOS: Escóitanos, Pai.
- Dános, Pai, unha fe fonda e firme en Ti -na túa
bondade e na túa palabra- como a que lle
outorgaches a Abrahán.
TODOS: Escóitanos,
Pai.
- Concédenos, Pai, paciencia e humildade nas nosas
tribulacións, manténdomos sempre a esperanza
nas túas promesas como Abrahán.
TODOS: Escóitanos,
Pai.
- Abre, Pai, o noso corazón ás necesidades de
cantos precisan da nosa axuda.
TODOS: Escóitanos, Pai.
Pedímoscho,
Pai, por Xesús Cristo Noso Señor. AMÉN.
Manuel Cabada Castro
VER TAMÉN:
Comentarios
Publicar un comentario