CORESMA - Semana da Cinza
MÉRCORES DA CINZA
Dixo Xesús aos seus discípulos e dinos a nós hoxe:
"O fillo do home ten que padecer moito, ser refugado polos anciáns, sumos sacerdotes e escribas, ser executado e resucitar ao terceiro día".
E dirixíndose a todos dixo: " O que queira seguirme que se negue a si mesmo, cargue coa cruz cada día e veña comigo. Pois o que queira salvar a súa vida a perderá, pero o que perda a súa vida pola miña causa a salvará. De que lle serve a un gañar o mundo enteiro se se perde ou se prexudica a si mesmo?"

Pór cor á miña vida e á dos demais, bonita tarefa, pero difícil!...Viven no noso mundo moitas persoas que denuncian as inxustizas cometidas por parte duns poucos privilexiados. Unha cobiza que non ten límites, despreocupada da sorte que poidan levar as masas empobrecidas que provocan os seus métodos sanguinarios.
Nós tamén nos amamos demasiado, coidámonos demasiado, queremos gañar o
mundo enteiro... aínda á conta de que outros vivan miserablemente, carentes en grao sumo necesario. Aos pobres témolos moi preto, na nosa cidade, no noso barrio, pero é máis fácil pasar de longo ou volver a vista cara a outro lado. Máis de catro millóns de parados non din nada ao noso egoísmo? DAR, perder un pouco da nosa vida, das nosas cousas supérfluas.
Dar para gañar o tesouro da solidariedade, para gañar a verdadeira vida.
VENRES DESPOIS DE CINZA
Achegáronse os discípulos de Xoán a Xesús, preguntándolle: « Por que nós e os
fariseos xaxuamos a miúdo e, en cambio, os teus discípulos non xaxúan?».
Xesús díxolles: « É que poden gardar loito os invitados á voda, mentres o noivo está con eles? Chegará un día en que leven ao noivo, e entón xaxuarán». ( Mt 9,14-15)
Xesús non quere amargarnos a existencia con cargas pesadas e prohibicións, senón que quere ensinarnos a vivir plenamente, capacitarnos para responder a cada situación coa actitude adecuada: "estade alegres cos que están alegres, chorade cos que choran"...
Son sensible coas situacións de alegría ou de sufrimento que se dan ao meu ao redor?
Vivo pendente só de min mesmo ou estendo a miña mirada aos demais, aos meus compañeiros, á miña familia, aos que non me caen moi ben, para solidarizarme con eles? Pidamos a Xesús hoxe que nos libre do noso egoísmo e nos de ollos de misericordia. Demos a cor da misericordia...
SÁBADO DESPOIS DA CINZA: ORACIÓN
SÁBADO DESPOIS DA CINZA: ORACIÓN
LECTURAS:
Mércores de Cinza
Lecturas Semanais
Comentarios
Publicar un comentario