Imitádeme a min como eu imito a Cristo - 1 Cor 10, 31 -- 11, 1
Domingo 6 do Tpo. Ordinario - ciclo B
PREGARIA
PARA APRENDER
A ESCOITAR A VOZ DO POBO
Señor Xesús, mestre e amigo noso,
cabo de ti queremos aprender a escoitar á
xente.
Ti escoitabas as queixas da xente aflixida,
porque andabas no medio dela.
Que tamén nós nos preocupemos
por pasar horas, por vivir
no medio dos máis marxinados.
Ti estremecíaste
cando ollabas calquera ser humano rebaixado,
porque tiñas unha grande paixón por todos.
Que tamén nós teñamos coma ti
unha misericordia consecuente
ata estremecernos por calquera irmán tirado.
Ti alongabas a man para tocar e curar,
aínda con perigo de contaxio,
porque o teu amor non tiña barreiras.
Que o noso amor sexa grande coma o teu,
e andemos entre os débiles
sen medo a perder saúde e honra.
Ti poñías o teu poder todo
ao servizo dos que precisaban de ti,
porque te sentías servidor de todos.
Que nós saibamos xuntarnos e pensar,
saibamos organizar e mover
para que todos teñamos vida abundante e feliz.
Comentarios
Publicar un comentario