Ai de min se non evanxelizo! - 1 Cor 9, 16-19. 22-23

Domingo 5 do Tpo. Ordinario - ciclo B



SEMPRE PENSANDO NOS DEMAIS

Sempre pensando nos demais.
É a impresión, Señor, que nos queda ao meditar o Evanxeo de hoxe.
Todo o teu tempo era para curar, sandar, escoitar, orar, acoller.

Temos que aprender. Si, temos que aprender de ti
a investir ben o noso tempo. Ao teu lado aprendemos,
Señor, que o tempo dado, entregado para os demais
non é un tempo inútil, nin infrutuoso.

Agora queda vencer as nosas propias preguizas,
seguridades, comodidades. Vencer en definitiva noso propio eu.

E para iso Ti has de ocupar máis espazo na nosa vida.

Temos que buscarte, como di o Evanxeo de hoxe,
temos que ir tralas túas pegadas.
Temos que encher o noso corazón de Ti
para que noso eu sexa máis pequeno.

Ver cos teus ollos para descubrir a ferida que hai que curar,
o triste que hai que sorrir, o caído que hai que erguer.

Grazas polo teu exemplo, Señor,

e pola túa Palabra que nos lembra como debemos ser.
Grazas por tantas e tantas persoas de ben,
que por amor a Ti seguen sementando
este mundo de luz e esperanza.
                                                           
EDV

Comentarios

Publicacións populares