DNI DE CORESMA
Convídoche a que neste tempo de coresma revises a túa vida como cristián, como discípulo de Cristo. Este DNI que, a continuación, mostrámosche, axudarache a percorrer con Xesús o camiño do Calvario. Só así, poderás, uns días despois, recoñecerlle no camiño de Emaús e gozar para sempre da súa compañía. Convértete. De corazón. Non te preocupes pola fachada, polo envoltorio. Xesús coñéceche dabondo; non tentes engatusalo con "penitencias de todo a cen".
Rasga o teu corazón, non as túas vestiduras.
Rasga o teu corazón, non as túas vestiduras.
SITÚATE. Utiliza para tal fin "o GPS dos evanxeos". En especial, a pasaxe de Lucas (4,1-13). Acode ao deserto onde che esperan unha chea de dúbidas, de tentacións... Pero non te deas á fuga, Xesús non deixarache só, se confías nel, sairás vitorioso.
XAXÚA. Érguete todos os días con fame de xustiza. Acode ao teu traballo con fame de solidariedade. Relaciónate cos teus irmáns con fame de fraternidade. Acolle as probas e os desgustos con fame de fe e déitate ao finalizar a xornada con fame de Deus. Xa verás como acabarás dándoche "unha chea" de amor, de Amor do bo.
REZA. Pecha as portas da desidia, dos ruídos, das présas, do "cumprimento". E, aí, no escondido, no interior do teu corazón ama, ora e fala a Deus dos homes e aos homes de Deus; pois nada sabe de oración o que non ama e nada sabe de amor o que non ora.
ESCOITA. Precisamente porque Deus che deu unha boca e dous oídos, escoita o dobre do que falas. Pon "en corentena" a túa lingua e escoita a fermosa melodía que Deus, a través das ondas dos teus irmáns, pon todos os días no teu corazón.
SANTIFÍCATE. Deus, a través deste tempo de graza, envíache unha mensaxe: "A cruz é ante todo unha declaración de amor". A pesar de que haxa xente ao teu ao redor que siga preferindo un cristianismo de butaca, ti aposta por un cristianismo de cruz. Lembra que unha persoa santa non é aquela que nunca cae, senón a que sempre se levanta.
MIRA. Ao teu ao redor. Non é a coresma un tempo para camiñar só. Ao teu lado, Xesús segue caendo unha e outra vez baixo o peso da cruz. Só os que teñen ollos poden ver as necesidades dos outros e converterse en cireneos de tantas persoas que seguen percorrendo o camiño do Calvario un día si e outro tamén.
AMA. Pois sen amor despídete de entender a Deus, porque El é iso, precisamente Amor. Combate as dúbidas, os fracasos, as cruces, a dor... a base de amor. Non esquezas que se sufrindo se aprende a amar, amando apréndese a sufrir. Se amas, a Pascua, a resurrección, a ledicia dun Deus-Amor brotará, e de que forma, na túa vida e na dos teus irmáns... Fai a proba!
TOMADO DE: http://reflejosdeluz.es
Comentarios
Publicar un comentario