CONSAGRADOS AO SEÑOR



O día 2 de febreiro celebramos a festa da Presentación do neno Xesús no Templo e a Purificación de María. Como se nos di no evanxeo de Lucas, Xosé e María achéganse ao Templo e, de acordo coa Lei de Moisés, ofrecen o Neno a Deus. Non o deixan alí, senón que ao mesmo tempo “rescátano” mediante a ofrenda ritual das rulas.

Estes datos evanxélicos deron motivo para dedicar este día á vida consagrada. Claro que nun mundo como o noso é fácil que moitas persoas pregúntense que quere significar ese título.

                Pois ben, recordemos que xa no bautismo fomos consagrados como membros do Corpo de Cristo, sacerdote, profeta e rei. Esa consagración entréganos o don da fe e confíanos a tarefa de anunciala a todo o mundo con alegría e valentía.

                Pero ademais, contamos na Igrexa con homes e mulleres que escoitaron a chamada a vivir a consagración bautismal dun modo máis radical. E decidiron vivir especialmente consagrados ao Señor e ao servizo do Evanxeo. É esa unha vocación que vén do Espírito Santo e inclúe polo menos cinco obxectivos fundamentais:

            Consagrarse totalmente a Deus.
Seguir a Xesucristo na Igrexa.
            Adoptar os valores evanxélicos de pobreza, castidade e obediencia.
Vivir na caridade o servizo ao Reino de Deus.
E anunciar coa propia vida a esperanza da vida eterna.

                Se quedan aínda algúns cristiáns que non coñecen estes modos de vida, haberá que facer o posible para que se produza este encontro e ese coñecemento. Hai que esforzarse en tender pontes máis que en levantar muros. Ignorarse mutuamente en nada beneficia á Igrexa nin á misión que foi confiada aos consagrados con vistas ao anuncio do Evanxeo.

                Así que, o achegamento axudará, por unha banda, a todos os bautizados ao ver enriquecida a súa vida de fe, esperanza e caridade, ao coñecer a vida consagrada e ao participar na súa misión de oración a Deus e de servizo aos fillos de Deus.

                Doutra banda, as persoas consagradas deberán achegarse a todo o Pobo de Deus. Así descubrirán os dons e carismas que o Espírito Santo derrama sobre os bautizados. Eles dan testemuño no mundo da vida nova que comporta o bautismo.

                Ademais, a Xornada dedicada á vida consagrada pode axudar as persoas consagradas a dar grazas a Deus pola súa vocación. E debe alentalas a preguntarse si viven a “alegría do Evanxeo”, á que se refire o papa Francisco. 

                E finalmente, esta Xornada pode axudar a todos os cristiáns a unir a súa oración á oración dos consagrados e das consagradas. Pidamos xuntos ao Espírito que a luz da fe alume a todos os que miran a Igrexa e os seus fillos, buscando neles un signo de esperanza e o compromiso do verdadeiro amor.


José-Román Flecha Andrés






Comentarios

Publicacións populares