Vós sóde-lo meu rabaño, eu xulgo entre ovella e ovella - Ez 34, 11-12. 15-17
Domingo 34 Cristo, Rei do Universo - ciclo A
QUEREMOS VER A XESÚS
Señor,
queremos buscarte neste mundo insolidario e
frío.
Queremos atoparte nos barrios marxinais e nos
arrabaldes.
Queremos verte nos que a nosa sociedade agocha
e esquece.
Queremos descubrirte nos que non contan para a
cultura dominante.
Queremos acollerte nos que non teñen o básico
e o preciso.
Queremos acariñarte nos que pertencen á cruz
da historia.
Nos pobres e marxinados de sempre,
nos emigrantes e parados sen abrente,
nos drogadictos e alcohólicos sen presente,
nas mulleres maltratadas,
nos anciáns abandonados,
nos nenos indefensos,
na xente estrelada,
en todos os feridos e abandonados á marxe do
camiño.
Neles queremos buscarte, atoparte, verte,
descubrirte, acollerte e acariñarte.
Amén Nuria unha boa oración!
ResponderEliminar