Apartastes a moitos do vieiro, desviástelos do cumprimento da lei - Mal 1, 14b-2, 2b. 8-10

Domingo 31 do Tpo. Ordinario - ciclo A


CANDO TI CHEGACHES

Cando ti chegaches,
os vellos traxes feitos de aparencias,
rutinas, durezas e prexuízos
liscaron e esconderon
nos baúis do faiado do esquecemento;
e un xentío inmenso
con vestidos de cores
encheu de alegría as rúas 
e as prazas das cidades.


Cando ti chegaches,
as miradas que xulgan e condenan
enmudeceron e calaron;
e naceu nos ollos da xente
un novo modo de mirar,
feito de confianzas,
chiscadelas, soños e perdóns.

Cando ti chegaches,
a angustia de centos de medos,
as ataduras de miles de normas

e o cansazo de pesadas cargas
sobre os ombreiros dos pobres
soltáronse e fóronse.


E, desde entón,
a vida amence cada día
como unha primavera de choiva e de luz
como unha mañá desbordante alegría.

Comentarios

Publicacións populares