Entregaralle o Reino a Deus Pai, para que Deus sexa todo en todo - 1 Cor 15, 20-26. 28
Domingo 34 Cristo, Rei do Universo - ciclo A
SEÑOR, O MEU DEUS E REI
Señor, o meu Deus e Rei
ao alcance da miña vida!
Fálasme desde o amor e con amor cando máis te necesito.
E ante a mentira que me confunde,
móstraste coa claridade da verdade
e coa xustiza tendida da túa man.
Señor, sen violencia e con paciencia,
esperas o meu retorno despois das miñas moitas fuxidas;
e no palacio onde habitas,
non existe máis castigo que o temor de non verte,
nin máis baleiro que a miña preguiza por non atoparte.
Señor, o meu Deus e Rei
ao alcance da miña vida!
En Xesús, inauguraches unha nova etapa da historia:
o teu nacemento anunciou a felicidade ao mundo,
e as túas palabras enxugaron o corazón dos pobres.
Señor, os teus xestos lograron que todos os que tiñan ollos de neno,
non se sentisen definitivamente abandonados,
porque lles amaches ata entregar a vida.
E como Rei que serve desde o trono da cruz,
perdoas con palabras de misericordia
e transformas a nosa morte en vida para sempre.
Señor, o meu Deus e Rei
ao alcance da miña vida!
Ben sei, Señor, que aceptas a nosa pobreza.
O teu pobo, esta pequena igrexa, sabes que abunda en anos,
e non precisamente en anos de xenerosidade e servizo.
Non somos expertos en amor, en perdón, en solidariedade?;
pero sabemos, Cristo Rei e Señor, que, estando ao teu lado,
podemos dar pasos certeiros na construción do teu Reino:
"o reino da verdade e a vida,
o reino da santidade e a graza,
o reino da xustiza, do amor e da paz"...
O reino ao alcance da vida!,
que che pedimos por Xesucristo o noso Señor.
Amén.

Isidro Lozano L.
Comentarios
Publicar un comentario