Que o día do Señor non vos sorprenda coma un ladrón - 1 Tes 5, 1-6

Domingo 33 do Tpo. Ordinario - ciclo A


TI, NOSO PAI

Ti, noso Pai, 
non es o amor que sacie dunha vez para sempre,
senón o amor que nos revela 
que ningunha experiencia de amor
é suficiente, nin sequera o teu, 
mentres non te vexamos cara a cara.

Quen busque un amor 
que o dispense de seguir buscando,
que non se achegue a ti, 
o que sementa insatisfacción
en todos os corazóns que se lle entregan.

Ti ensanchas indefinidamente 
a miña capacidade de desexar,
para que a miña fame 
e a miña sede  de vida, de felicidades,
de beleza e de tenrura, 
brille sempre por en riba de todo ben conseguido,
para que siga buscándote a ti, 
o Deus que se oculta aos darse.
O Deus que promete todo 
e está máis alá de todo o prometido.


Antonio López Baeza


Comentarios

Publicacións populares