+ Textos e Vídeos para o Día da Paz
A PAZ VIRÁ
Se cres que o sorriso é máis forte que as armas,
se cres no poder da man estendida,
se cres que o que irmá as persoas
é máis forte que o que as separa,
se cres que ser diferente é unha riqueza
e non un perigo,
se sabes mirar aos outros cun pouco de amor,
se prefires a esperanza á sospeita,
se crees que ti has dar o primeiro paso
para achegarte ao outro,
se podes alegrarte da alegría do veciño,
se a mirada dun neno aínda che chega ao corazón,
Se a inxustiza que padecen os outros che fai
tanto dano coma se ti a padeceses,
se sabes aceptar que o outro te axude,
se cres que o perdón vai máis aló da vinganza,
se sabes cantar a alegría dos demais
e bailar a túa festa,
se podes escoitar -malia que perdas tempo-,
cun sorriso nos beizos,
como che explican as desgrazas,
se sabes aceptar a crítica sen defenderte,
se cres que os outros poden axudarte a cambiar,
se o Evanxeo non te escandaliza, ...
A PAZ VIRÁ.
Se sabes escoller e aceptar un punto
de vista diferente ao teu,
se non descargas as túas culpas sobre os demais,
se o outro é, por encima de todo, o teu irmán,
se a rabia é para ti un signo de debilidade
e non de forza,
se prefires ser ferido antes que facer dano a alguén,
se miras o pobre e o oprimido sen sentirte un heroe,
se cres que o amor é a única forza,
se cres que a paz é posible, ...
A PAZ VIRÁ.
J.M. Moratiel
TRABALLAR POLA PAZ
Todos podemos traballar pola paz,
pero só ti podes comezar
poñendo paz no teu corazón.
Que a túa oración che dea a serenidade e
a esperanza que necesitas, para construír a
paz.
Se te desentendes dos conflitos do teu pobo,
non contribúes á paz
Se viras as costas ao irmán, víralas á paz,
aínda non constrúes a paz.
Se criticas a acción dos outros,
aínda non te implicas pola paz.
Se respondes con violencia, dás labazadas á
paz.
Se recúas antes as dificultades, atrasas a
paz.
Se opinas sen fundamentos, contaminas a paz.
Se só a túa opinión é válida, manchas a
paz.
Se pos etiquetas aos outros, despides a paz.
Entón ...
Media nos conflitos,
atende ó teu irmán,
atende ó teu irmán,
apoia aos que son criticados,
pacifica sempre,
pacifica sempre,
non recúes nas dificultades,
opina só do que coñeces,
escoita as opinións dos outros
e que as túas etiquetas sinalen so as virtudes
dos que te rodean.
Traballa pola paz.
Traballa pola paz.
A ESPERANZA
"Hoxe, na noite do mundo e na esperanza da Boa Nova,
afirmo con audacia a miña fe no futuro da humanidade.
Négome a crer que as circunstancias actuais
fagan incapaces aos homes para facer unha terra mellor.
Négome a crer que o ser humano non sexa máis
que unha frangulla de palla azoutada
pola corrente da vida, e sen ter posibilidade algunha
de influír no curso dos acontecementos.
Négome a compartir a opinión daqueles que pretenden que o ser humano
é tan cativo da noite sen estrelas, do racismo e da guerra;
que a aurora radiante da PAZ e da fraternidade
non poderá nunca chegar a ser unha realidade.
Négome a facer miña a afirmación cínica de que os pobos irán caendo,
un tras outro, no remuíño do militarismo,
cara ao inferno da destrución termonuclear.
Creo que a verdade e o amor sen condicións terán a última palabra.
A vida, aínda provisionalmente vencida, é sempre máis forte que a morte.
Creo firmemente que, ata no medio dos obuses que estalan e dos canóns que retumban, permanece a esperanza dun radiante amencer.
Atrévome a crer que, un día, todos os habitantes da terra
poderán ter tres comidas ao día para a vida do seu corpo,
educación e cultura para a saúde do seu espírito,
igualdade e liberdade para a vida do seu corazón.
Creo igualmente que un día toda a humanidade
recoñecerá en Deus a fonte do seu amor.
Creo que a bondade salvadora e pacífica chegará a ser,
un día, a lei da humanidade.
O lobo e o cordeiro poderán descansar xuntos,
cada home poderá sentar debaixo da súa figuera, na súa viña,
e ninguén terá xa que ter medo.
Creo firmemente que o conseguiremos."

Martin Luther King
VER TAMÉN:
http://xanostesaqui.blogspot.com.es/search/label/D%C3%ADa%20da%20Paz
Comentarios
Publicar un comentario