Fala, Señor, que o teu servo escoita - 1 Sam 3, 3b-10. 19
Domingo 2 de Ordinario - ciclo B
PARA ATOPARSE DE VERDADE
CON XESÚS
Xesús, amigo de Deus e mestre,
estou diante de ti, coma Xoán,
coma Andrés; estou diante de ti,
porque outros me trouxeron
e me indicaron o teu nome.
Grazas por eles!
Quero saber onde paras, Xesús,
quero falar contigo,
teño moito de que che falar,
moito que che preguntar.
Pero tamén quero escoitarte.
Veño a propósito onda ti para escoitarte,
porque creo que ti coñeces o corazón de Deus
e o corazón da xente,
e o corazón de todas as cousas.
Quero pasar contigo o día de hoxe,
quero pasar contigo todos os días,
porque seica lles ensinas as túas cousas
as que fan contigo vida e camiño.
Estou disposto a ir contigo onde ti queiras;
aínda que me choquen as túas propostas,
aínda que me importunen,
aínda que me devolvas ao medio dos marxinados.
Eu veño onda ti para falarte,
eu veño onda ti para escoitarte.
Comentarios
Publicar un comentario