2º Domingo despois de Nadal
DOMINGO II
DESPOIS DE NADAL B
Primeira Lectura Sir 24, 1-4. 12-16 (gr 1-2. 8-12)
LECTURA DO LIBRO DO ECLESIÁSTICO
A sabedoría de Deus habitará no
pobo elixido
A
Sabedoría fai a propia loanza
e gábase no medio do seu pobo.
Abre
a boca na asemblea do Altísimo,
proclama a súa gloria diante do
seu exército.
No
medio do seu pobo será exaltada
e admirada na asemblea dos
santos;
recibirá loanzas das multitudes
dos elixidos
e será bendicida entre os
benditos.
Foi
entón cando o creador universal me ordenou
e o que me formou fíxome plantar a
tenda
dicíndome: Afinca en Xacob, colle
por herdanza a Israel.
Antes
dos séculos, desde o comezo, creoume
e endexamais deixarei de existir;
oficiei na súa tenda santa,
diante del,
e deste modo estableceume en
Sión;
do mesmo xeito, fíxome acougar na
súa cidade amada,
Xerusalén, onde goberno.
Botei
raiceiras nun pobo de moita sona
e teño a miña herdanza na parcela
do Señor.
Palabra do Señor R/.
Grazas a Deus
SALMO
RESPONSORIAL Sal 147, 12-13. 14-15. 19-20
R/. (Xn 1, 14): O Verbo fíxose
carne, e habitou entre nós.
Ou: Aleluia.
Glorifica o Señor, Xerusalén,
loa, Sión, o teu Deus,
que reforza os ferrollos das túas
portas,
e bendí os teus fillos no teu
seo.
El establece paz nos teus
confíns,
é el quen te farta con flor de
trigo.
El mándalle á terra a súa
mensaxe,
e a súa palabra corre lixeira.
Anuncia a súa palabra a Xacob,
os seus estatutos e mandatos a
Israel.
Non fixo así cos outros pobos,
non lles manifestou os seus mandatos.
Segunda Lectura Ef 1, 3-6. 15-18
LECTURA DA CARTA DO APÓSTOLO SAN PAULO AOS EFESIOS
Predestinounos a sermos fillos de
adopción por medio de Xesús
Bendito
sexa Deus, o Pai do noso Señor Xesús Cristo, que nos bendiciu con toda
bendición espiritual nos ceos, en Cristo.
Nel
escolleunos, antes creación do mundo, para que fosemos santos e sen mancha na
súa presenza polo amor.
El
predestinounos a sermos seus fillos adoptivos, por medio de Xesús Cristo,
conforme o designio da súa vontade, para loanza da súa gloria e da súa graza,
que xenerosamente derramou sobre nós, por medio do seu Fillo benquerido.
Por
iso, tamén eu, tendo oído falar da vosa fe no Señor Xesús e do voso amor a
todos os crentes, non paro de lle dar grazas
a Deus por vós, recordándovos nas miñas oracións, de xeito que o Deus do noso
Señor Xesús Cristo, o Pai da gloria, vos conceda espírito de sabedoría e de
revelación, para o coñecer ben; que manteña iluminados os ollos da vosa alma,
para que comprendades cal é a esperanza da súa chamada, e cal a riqueza da
gloria da súa herdanza nos crentes.
Palabra do Señor R/.
Grazas a Deus
ALELUIA Cf. 1 Tim 3, 16
Se non se canta, pódese omitir
Aleluia, aleluia.
Gloria a ti, Cristo, predicado a
todos os pobos;
gloria a ti, Cristo, a quen se
cre no mundo enteiro.
Aleluia.
Evanxeo Xn 1, 1-18
(longo)
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN
O Verbo fíxose carne e habitou
entre nós
No
principio existía a Palabra,
e a Palabra estaba onda Deus,
e a Palabra era Deus.
Ela
estaba no principio onda Deus.
Todo foi feito por ela,
e sen ela non se fixo
nada do que foi feito.
Nela
estaba a vida,
e a vida era a luz dos homes;
a luz aluma na tebra,
e a tebra non a deu apagado.
Houbo
un home
mandado por Deus:
o seu nome era Xoán.
Este veu de testemuña
para dar testemuño da luz,
para que todos cresen por el.
Non
era el a luz,
senón que veu para dar testemuño
da luz.
A
Palabra era a verdadeira luz
que aluma a todo home
que vén a este mundo.
Ela
estaba no mundo,
e o mundo foi feito por ela,
pero o mundo non a recoñeceu.
Veu
á súa propiedade,
e os seus non a acolleron.
Pero a cantos a recibiron,
‑ aos que cren no seu nome ‑
deulles o poder
de seren fillos de Deus.
Estes,
non naceron do sangue,
nin da vontade da carne,
nin da vontade do home,
senón de Deus.
E
a Palabra fíxose carne,
e plantou entre nós a súa tenda,
e nós vimos a súa gloria,
gloria coma de Unixénito
que vén do Pai,
cheo de graza e de verdade.
Xoán
dá testemuño del,
exclamando: Este évos de quen eu
dixen:
"O que vén detrás miña, pasa
diante miña,
pois existía primeiro ca
min".
E
da súa abundancia
recibimos todos nós
graza e máis graza.
Pois
a Lei deuse
por medio de Moisés;
a graza e a verdade
realizáronse por Xesús Cristo.
A
Deus ninguén o viu;
o Unixénito, que está no seo do
Pai,
foi quen nolo revelou.
Palabra do Señor R/.
Loámoste, Cristo
Ou máis breve: 1-5.
9-14
LECTURA DO SANTO
EVANXEO SEGUNDO XOÁN
No
principio existía a Palabra,
e a Palabra estaba onda Deus,
e a Palabra era Deus.
Ela
estaba no principio onda Deus.
Todo foi feito por ela,
e sen ela non se fixo
nada do que foi feito.
Nela
estaba a vida,
e a vida era a luz dos homes;
a luz aluma na tebra,
e a tebra non a deu apagado.
A Palabra era a verdadeira luz
que aluma a todo home
que vén a este mundo.
Ela
estaba no mundo,
e o mundo foi feito por ela,
pero o mundo non a recoñeceu.
Veu á súa propiedade,
e os seus non a acolleron.
Pero a cantos a recibiron,
‑ aos que cren no seu nome ‑
deulles o poder
de seren fillos de Deus.
Estes,
non naceron do sangue,
nin da vontade da carne,
nin da vontade do home,
senón de Deus.
E
a Palabra fíxose carne,
e plantou entre nós a súa tenda,
e nós vimos a súa gloria,
gloria coma de Unixénito
que vén do Pai,
cheo de graza e de verdade.
Palabra do Señor R/.
Loámoste, Cristo
LABRA DE
VIDA, PALABRA DE ESPERANZA, PALABRA ENCARNADA,
PALABRA DEFINITIVA ... BENDIT APALABRA!
PALABRA DEFINITIVA ... BENDIT APALABRA!
ESCOITA ACTIVA
Canto
ternos vivido desde que comezou o tempo de Nadal foinos levando a
que asentase en nós unha idea: Deus está entre nós, non quedou á porta, senón que entrou ás nosas casas, á nosa vida, nosa historia escrita tantas veces con páxinas de violencia e inxustizas ...
Isto é o que
proclamaremos hoxe no Evanxeo de Xoán: a través da Palabra
que acampou entre nós, Deus fíxose achegado e todos recibimos da súa man graza, tenrura e
lealdade. Non se fixo carne en seres anxelicais, senón
nun home de carne e oso, cos nosos ideais, coas nosas esperanzas, cos nosos
desenganos e sufrimentos. Está dentro de nós: velaí o misterio da Palabra feita
carne. Oxalá saibamos gustar o misterio dun Deus que non quedou fóra, diante da porta, senón que
se fixo Deus connosco.
CORAZÓN MISERICORDIOSO
Porque seguimos sen
querer recoñecerte nas persoas que camiñan
ao noso carón,
SEÑOR, QUE A TÚA PALABRA QUENTE A FRIAXE DO NOSO CORAZÓN.
SEÑOR, QUE A TÚA PALABRA QUENTE A FRIAXE DO NOSO CORAZÓN.
Porque
a nosa soberbia fai que pechemos a porta do noso corazón, pensando que non te
necesitamos como amigo e compañeiro na viaxe da vida.
necesitamos como amigo e compañeiro na viaxe da vida.
CRISTO, QUE
A TÚA PALABRA QUENTE A FRIAXE DO NOSO CORAZÓN
Porque
non damos entendido que todo o supón indiferenza ou
desprezo da vida: pobreza,
explotación, marxinación, escravitude, morte.... supón a negación do Deus revelado en Xesús,
SEÑOR, QUE A TÚA PALABRA QUENTE A FRIAXE DO NOSO CORAZÓN
explotación, marxinación, escravitude, morte.... supón a negación do Deus revelado en Xesús,
SEÑOR, QUE A TÚA PALABRA QUENTE A FRIAXE DO NOSO CORAZÓN
PALABRA ENRAIZADA
Os Evanxeos
de Lucas e de Mateu que proclamamos ata o de agora neste tempo
de Nadal móstrannos o acontecemento do nacemento desde abaixo; invitándosenos a
descubrir, hoxe coma daquela, a ese Deus en tres sinais: un neno, uns capizos, unha manxadoira. Estes
evanxelistas queren destacar a tenrura, a pobreza, a sinxeleza
e a pequenez. Porén, hoxe vimos de proclamar o Evanxeo de Xoán, que presenta o nacemento desde arriba: a Palabra, que estaba
onda Deus, faise carne.
Ningunha
mención a todo ese mundo tan familiar dos pastores, a manxadoira, os
anxos ... nin tan sequera do Neno, María e Xosé. El entra no misterio desde outra perspectiva: a través dos seus famosos
binomios: vida - morte, luz - tebras, graza - pecado, liberdade - escravitude, verdade - mentira .... Pero a
realidade é a mesma: Deus quérenos tanto que nos agasalla co seu Fillo, que asume a nosa condición e comparte a
nosa vida.
E Xoán
tamén pon de manifesto a nosa negativa ao plan de Deus. Se Lucas
destaca que "non había sitio para eles na
pousada", Xoán denuncia que "veu á súa casa e os seus non a acolleron". Polo tanto, a Deus non hai que buscalo no ceo, gobernando
o universo con mirada indiferente: Deus está aquí, na nosa carne, na nosa impotencia, na nosa dor, na nosa
desesperanza, compartindo "os
gozos e as esperanzas, as tristezas e as agonías das persoas do noso tempo, sobre
todo das pobres e das que sofren".
Non é unha
metáfora piadosa, senón unha realidade, dicir que hoxe Deus ten a súa
casa entre os desafiuzados da nosa sociedade; está en
paro cos seis millóns de persoas
que non teñen traballo no noso país; sente violados os seus dereitos coma
milleiros de persoas que non teñen acceso a unha sanidade ou a unha educación pública de calidade, morre de esquecemento e de soidade xunto con tanta
xente nesta sociedade deshumanizada; é explotado e enganado polos poderosos que se
aproveitan da desesperación e da ignorancia das persoas;
é rexeitado e silenciado coma tantas e tantas persoas que
se ven reducidas ao silencio absoluto, é
maltratado con tantas e tantas persoas que
dun cabo a outro do mundo son despoxadas da súa dignidade no nome
dunha orde inxusta que pon a economía no centro de todo e que se
esquece dos seres humanos.
Por
iso, para saber descubrir esta Palabra de vida, necesitamos
a sabedoría que vén de Deus e que non mira as aparencias e o superficial, senón que repara nos corazóns
verdadeiramente dispostos a acoller e a deixarse enchoupar de toda a humanidade, a tenrura e a
misericordia que o Deus feito neno vén deixar entre nós.
Unha sabedoría que nos
chama a estar presentes no medio da
xente, escoitando, aprendendo, descubrindo como e de que maneira
podemos traballar para o ben común. Unha sabedoría que nos chama a estar alí
onde sexamos necesarios, testemuñando coa nosa vida ao Deus no que confiamos, a quen He
rezamos e de quen dicimos que é luz nas tebras do noso camiño. Seremos
capaces de recoñecer esta sabedoría?
FRATERNIDADE ORANTE
Ao Deus que non
quedou fóra, diante da porta, senón que
acampou entre nós, rezámoslle xuntos dicindo:
SEÑOR, GRAZAS POR ELIXIRNOS
• Para que as persoas que teñen responsabilidades na igrexa, non esquezan nunca que
Xesús quere compartir as
ledicias e angustias dos homes e mulleres do noso mundo, OREMOS.
SEÑOR, GRAZAS POR
ELIXIRNOS
• Para que as persoas
que de calquera xeito colaboramos na vida das comunidades: participando
nas celebracións, implicándonos nos grupos de formación, cantos ou Cáritas ... evitemos cremo s
superiores e mellores cós demais, OREMOS.
nas celebracións, implicándonos nos grupos de formación, cantos ou Cáritas ... evitemos cremo s
superiores e mellores cós demais, OREMOS.
SEÑOR, GRAZAS
POR ELIXIRNOS
• Para que cada un
dos que nos xuntamos nos domingos aprendamos a descubrir a presenza da
Palabra nas persoas máis necesitadas e esquecidas, e, achegándonos a elas poñamos calor humano
ande hai friaxe inxusta, OREMOS.
Palabra nas persoas máis necesitadas e esquecidas, e, achegándonos a elas poñamos calor humano
ande hai friaxe inxusta, OREMOS.
SEÑOR, GRAZAS
POR ELIXIRNOS
Grazas, Señor, por facerte
Palabra encarnada nun mundo falto de humanidade, Palabra de
vida
nun mundo cheo de sinais de morte, Palabra de esperanza nun mundo no que medra a desesperanza,
Palabra definitiva nun mundo no que todo é efémero. P.X.N.S. Amén.
nun mundo cheo de sinais de morte, Palabra de esperanza nun mundo no que medra a desesperanza,
Palabra definitiva nun mundo no que todo é efémero. P.X.N.S. Amén.
MIRADA ESPERANZADA
Cremos en Deus, Pai e Nai,
a pesar de que moitas
persoas digan que só é unha ilusión.
Cremos en Xesús de
Nazaret, o seu Fillo benquerido,
a súa Palabra entre nós, carne da nasa carne,
despoxado do seu rango, expulsado da súa casa,
crucificado con saña ... pero resucitado polo Pai.
a súa Palabra entre nós, carne da nasa carne,
despoxado do seu rango, expulsado da súa casa,
crucificado con saña ... pero resucitado polo Pai.
Cremos no seu
Espírito, dador de vida e liberdade,
que move o corazón de tantas e tantas persoas
temas e íntegras, xustas e leais,
que move o corazón de tantas e tantas persoas
temas e íntegras, xustas e leais,
coherentes e
solidarias, comprometidas e responsables.
Por iso cremos tamén
na vida, a pesar das feridas;
na amizade, por riba do poder e do sangue;
na amizade, por riba do poder e do sangue;
na fraternidade, máis alá de
clases e diferenzas;
na solidariedade, a pesares de
egoísmos e mesquindades.
Cremos que o amor é
máis forte cá morte;
cremos que ten
sentido ser persoas boas, temas e honestas;
cremos que paga a pena confiar nos demais.
cremos que paga a pena confiar nos demais.
Cremos na nosa
dignidade, cremos que nos podemos axudar;
cremos que nos agarda algo insospeitado.
cremos que nos agarda algo insospeitado.
Cremos que Deus
supera todos os nosos soños;
cremos que somos obra súa, cremos que nel atopamos acougo.
cremos que somos obra súa, cremos que nel atopamos acougo.
ENTRADA:
OFERTORIO:
LECTURAS:
A túa Palabra
COMUÑÓN:
Grazas, Señor, graciñas
POWER POINTS
Comentarios
Publicar un comentario