Os vosos corpos son membros de Cristo - 1 Cor 6, I3c-I5a. I7-20

Domingo 2 de Ordinario - ciclo B


ORACIÓN DO CORPO

VISTA

Grazas, Señor, 
por poder contemplar a nenos que xogan, 
que dormen, que sorrín agradecidos 
a calquera proposta que lles facemos.

Grazas por esa tenrura entre dúas persoas que se queren, 
esa mirada, caricia, xesto.

Grazas, Señor, por ese descanso plácido dos nosos maiores 
que nos deron a súa vida e agora descansan satisfeitos.

Grazas porque ao longo da nosa vida vimos a xente que se ama, 
que comparte sen fronteiras.

Grazas polo amencer e o solpor: 
polos matices do ceo gris cando vai chover; 
pola terra ben traballada, aliñada, limpa.

Grazas por mozos que se dan a man, 
por descubrir o novo día ao mirar pola xanela: 
choveu, fai sol, está a nevar...

Grazas por volver ver a persoas queridas, 
pola cara de relaxado dun enfermo dolorido 
cando lle pomos un calmante.

Grazas ao poder contemplar a seres queridos mortos. 
Canto nos dixo ese rostro!

Grazas por esa cara de emigrantes ocultas por un veo.

Grazas, Señor.


OÍDO

Grazas, Señor, 
polo oído que ao longo da nosa vida permitiunos escoitar o mar, 
polas tormentas que na infancia nos daban medo
e o agasallo da música.

Grazas, Señor, por escoitar as risas xuvenís,
as anécdotas das nosas avoas,
os choros a media noite dos nosos fillos,
as declaracións de amor que ás veces foron correspondidas.

Grazas por ser capaces de escoitar os berros
dos cárceres e dos hospitais.

Grazas polos sis e os nons ditos con seguridade, 
comprometidamente, con amor e por amor.

Grazas polos ruídos persistentes e monótonos 
que cando os aceptas e os queres desaparecen.

Grazas, Señor, 
porque moitas veces nos recoñecen algo que fixemos, 
porque nos deron as grazas ou un non importa mañá faralo mellor 
cando nos equivocamos.

Grazas por esas cancións coas que aprendemos a bailar.
Grazas por esa voz da nosa nai e o noso pai
escoitado despois de varios días de estar fóra de casa.

Grazas, Señor.


TACTO

Grazas Señor polo pouco explotado tacto.

Grazas polas caricias sentidas e dadas, 
pola masaxe amorosa e curativa; 
que ben saben cando é unha man amiga quen cho dá.

Grazas pola boa ducha nos momentos de calor,
polas friegas cando fai frío, polo apertón de mans,
por esa man que se apoia no ombreiro ou a fazula.

Grazas por axudarnos a recoñecer á xente
cando xogamos á galiña cega.

Grazas porque nos axuda a descubrir o noso corpo
e o de compañeiros e compañeiras.

Grazas porque nos axuda a saber se está o leite quente
cando metemos nel o dedo.

Grazas tamén polo outro tacto,
o de saber cando e como hai que dicir algo a alguén.

Grazas, Señor.


GUSTO

Grazas Señor polos pasteis e outros dóces,
por ese sabor da comida caseira, a das nais,
feita amodo e con amor.

Grazas por esas ceas especiais coa xente que queremos,
que posibilitan eses faladoiros tan inesquecibles.

Grazas, Señor, por esa cervexa fría en días de calor.
Grazas pola auga, tan simple, sen sabor pero tan boa.

Grazas, Señor, por un sorbete de limón,
polo gusto dun bico, do sexo compartido.

Cantas posibilidades, Señor! Grazas.


OLFACTO

Grazas polas plantas recén cortadas,
pola terra mollada, polo olor a campo.

Grazas polo cheiro a hospital que nos cura,
polo cheiro da roupa de inverno do ano pasado.

Grazas pola flor silvestre, o tomiño, o piñeiro
e de tódalas plantas que veñen da túa man.

Grazas polo arume do mar, do sal e da chuvia.

Grazas polo cheiro da froita madura,
do pexego, da mazá e do marmelo.

Grazas pola suor tan especial e tan querida
da persoa amada.

Grazas polo cheiro do café e de infusións.

Grazas polo aire e polo pan recén feito.

Grazas pola vida enteira, Señor.


ADAPTADO DE: 



Comentarios

Publicacións populares