PREPARANDO O DÍA DA PAZ

CASE NADA

Un paxaro preguntou a unha pomba:
Canto pesa unha folerpa de neve?
Case nada... -contestoulle a pomba.

Entón o paxaro contoulle esta historia:
- “Estaba na rama dun piñeiro cando empezou a nevar.
Non era unha xistra, senón unha desas nevadas suaves. Caían as folerpas lentas, abaneándose graciosamente. Como non tiña outra cousa que facer, púxenme a contar as folerpas que caían sobre a rama onde me atopaba. Caeron 3.751.952 folerpas.
Cando moi lentamente caeu a folerpa 3.751.953, case nada, como acabas de dicir, a rama rompeu..."

E dito isto, o paxaro marchouse voando.

A pomba, toda unha autoridade experta en materia da paz desde tempos de Noé, quedou pensativa e logo dixo:

Se cadra só falta unha persoa 
para que a paz sobreveña ao mundo”.


...Quizáis só faltas ti.



Comentarios

Publicacións populares