DESEXOS PARA UN NOVO ANO

 Chegoume este texto que quero compartir convosco,
a min deixoume sen palabras:


A estas alturas do ano desexámonos infinidade de veces un feliz aninovo. Pero, a verdade, téñolle un pouco de teima á fórmula. Non acabo de entender moi ben en que é o 1 de xaneiro máis novo que o 31 de decembro e máis vello, á súa vez, que este 13 de xaneiro. Pero así lle chamamos... e está ben.

Logo, xa sabemos, por unha longa experiencia, que pouco nos dura o novo e que pronto todo se nos fai vello. Que pronto nos queda vella a roupa nova! Que pronto se nos fai vella a casa nova, e o coche novo, e o novo computador e o novo móbil! Que rápido envellecen a tregua e as esperanzas de paz! E -só o dicilo produce tristura- que pronto nos queda vello o novo amigo ou a nova amiga, o novo amor, o novo esposo, a nova esposa! Que pronto envellecen o amor e a alegría de vivir!

En canto estreamos algo, xa o arrinconamos e buscamos algo novo. Unha tola necesidade do novo arrástranos, e témome que de tanta novidade e de tanto desexo do novo esteamos a volvelo todo vello e estragándoo todo. A insaciable sede do novo empúxanos a usar e tirar. Que pronto vai envellecendo xa o Ano Novo!

E con todo, está ben que nos desexemos de corazón un feliz ano novo. 
Pero que nos desexaremos? 










 José Arregi





E MÁIS ESTE PPT: 
Quen son deixa pegada

Comentarios

Publicacións populares