Bautismo do Señor - ciclo B
O BAUTISMO DO SEÑOR
LECTURA DO LIBRO DO
PROFETA ISAÍAS
Primeira Lectura Is 42, 1-4. 6-7
Velaquí o meu servo en quen eu me comprazo
Isto di o
Señor:
Velaí o
meu servo, a quen teño collido da man;
velaí o meu escollido no que eu me comprazo.
Teño posto
sobre el o meu espírito:
ditaralles sentencia xusta ás nacións.
Non
berrará,
non levantará a súa voz nin a fará oír nas rúas.
Canivela
fendida non a romperá,
e torcida esmorecente non a apagará.
Con
fidelidade proclamará a xustiza,
non desfalecerá nin crebará
ata establecer na terra a xustiza,
e a súa lei, que esperan as nacións.
Eu, o
Señor, chameite por causa da xustiza, collinte pola man e protexinte,
e convertinte en Alianza dun pobo e en luz das nacións,
para que lles abras os ollos aos cegos, para que libres do
cárcere aos presos,
da prisión aos que viven na escuridade.
Palabra do Señor R/ Grazas a Deus
SALMO
RESPONSORIAL Sal 28, 1a e 2. 3ac-4.
3b e 9b-10
R/. (11b): O
Señor ha bendicir o seu pobo coa paz.
Tributádelle ao Señor, fillos de Deus,
tributádelle ao Señor gloria do seu nome,
adorade o Señor no seu atrio sagrado.
A voz do Señor sobre as augas,
o Señor sobre as augas copiosas.
A voz do Señor é poderosa,
a voz do Señor é maxestosa.
O Deus glorioso fai
tronar.
No seu santuario todo di: Gloria!
O Señor sentou sobre as augas,
o Señor senta como rei eterno.
LECTURA DO LIBRO DOS
FEITOS DOS APÓSTOLOS
Segunda Lectura Feit 10, 34-38
Unxiuno Deus co Espírito Santo
Naqueles días, tomou Pedro a palabra e
dixo:
‑
Abofé, vexo que Deus non fai distinción de persoas, senón que
acepta a quen lle é fiel e practica a xustiza, sexa
da nación que sexa.
El
mandoulles a súa palabra aos fillos de Israel, anunciándolles a Boa Nova da paz
por Xesús Cristo: este é o Señor de todos.
Vós
sabedes o que pasou en toda a Xudea, comezando desde Galilea, despois do
bautismo que Xoán predicou: como Deus unxiu con Espírito Santo e con poder a
Xesús de Nazaré, que pasou facendo o ben e curando a todos os que estaban asoballados por Satán; pois Deus
estaba con el.
Palabra do Señor R/ Grazas a Deus
Ou tamén
LECTURA DA 1ª CARTA
DO APÓSTOLO S. XOÁN
Segunda Lectura 1Xn 5, 1-9
O espírito, a auga e o sangue
Todos cantos cren que Xesús é o Mesías, naceron de Deus; e
quen ama ó que enxendra, ama tamén a quen aquel enxendrou. Sabemos que
amámo-los fillos de Deus, se amamos a Deus e cumprimos cos seus mandamentos.
Porque o amor a Deus consiste en cumprir cos seus
mandamentos. Os mandamentos de Deus non son pesados, porque nacer de Deus
permítenos vence-lo mundo. E esta é a victoria que derrota o mundo: a nosa fe.
Porque ¿quen é o que derrota o mundo, senón o que cre que Xesús é o Fillo de
Deus?
O que veu con auga e sangue, foi el, Xesús Cristo; non veu
con auga só, senón con auga e con sangue. E o Espírito é quen dá testemuño, xa
que o Espírito é a Verdade. Porque tres son os que dan testemuño: o Espírito, a
auga e mailo sangue; e os tres testemuñan no mesmo senso. Se nós aceptámo-lo
testemuño dos homes, maior razón ten o testemuño de Deus. E este é o testemuño
de Deus: o que El nos ten dado acerca do seu Fillo.
Palabra do Señor R/ Grazas a Deus
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MARCOS
Evanxeo Mc 1, 7-11
Ti e-lo meu fillo benquerido, o meu predilecto.
E proclamaba:
‑Detrás miña está a chegar o que é máis forte ca min, ante
quen non son digno de postrarme para lle desata-los mallós do seu calzado. Eu
bautizo con auga, pero el havos bautizar con Espírito Santo.
E aconteceu por aqueles días que chegou Xesús desde Nazaret
de Galilea, e Xoán bautizouno no Xordán. E de seguida, mentres saía da auga,
viu abrirse o ceo e baixar sobre el, coma unha pomba, o Espírito Santo. E unha
voz deixouse oír desde o ceo:
‑Ti e-lo meu fillo benquerido, o meu predilecto.
Palabra do Señor R/
Loámoste, Cristo
PORQUE SEMPRE NOS COLLES DA
MAN E MESMO NOS LEVAS NO TEU COLO. GRAZAS, SEÑOR!
TOMADO DE: http://remoldapalabra.blogspot.com.es/
PÓRTICO
A todos nos
ten pasado que en momentos importantes, mesmo decisivos da nosa vida, cando tiñamos
que dicir e expresar o que pensabamos, o
xeito de abordar unha cuestión ou a necesidade de mostrar a desconformidade diante
dunha cuestión que nos ocupaba, ternos calado. Si, demos a
calada, o silencio, por resposta, converténdonos en cohibidos,
cómplices ou colaboradores dunha situación coa que non estabamos de
acordo.
Verdade que
nos ten pasado así? Pois ben, a celebración de hoxe móstranos a Xesús manifestándose
como o Mesías, o enviado de Deus, o Fillo que comeza a facer publica a encomenda do seu
Pai. E faino sen medo, consciente de cal
era a súa tarefa, e sen ningún tipo de medos nin complexos. Todo o camiño que nos abriu
para que o seguiramos.
Que canto hoxe celebremos e
compartamos neste momento de oración, nos axude a manifestar con ledicia a misión recibida no bautismo alí
onde nos atopemos.
O PERDÓN
Axúdanos a
perder complexos e medos,
SEÑOR, AGARÍMANOS COA TÚA COMPAÑA.
Empúrranos cando nos chegue a tentación de
abandonar e deixalo todo,
CRISTO,
AGARÍMANOS COA TÚA COMPAÑA.
Aléntanos para non deixar que o pesimismo
creza no corazón e na vida,
SEÑOR, AGARÍMANOS
COA TÚA COMPAÑA.
REMUÍÑO
• O Señor prefírenos. Para el
somos importantes e ocupamos un lugar de preferencia.
A dignidade coa que nacemos é o mellor sinal de canto estamos
a dicir. E quérenos porque é Pai / Nai que acompaña, educa, alenta e corrixe. Faino sen necesidade de
chamar a atención, sen publicidade.
Non inviste
en campañas de publicidade, senón que se
fai presente de xeito silandeiro en cada un dos
pasos da nosa vida; unha presenza que
moitas veces non queremos ou non conseguimos descubrir,
pero que está, o que leva a que non nos perdamos diante do
"balbordo" de sons que se escoitan ao noso redor.
.jpg)
• A presenza do Espírito
móstranos a un Xesús que nos chama a preguntarnos pola fidelidade ás
convicións que van asentando na nosa persoa. Fai que nos
preguntemos si temos prezo, se somos
capaces de deixar atrás o que son principios profundos á hora de estar e
actuar no mundo por un prato de lentellas en forma de prestixio, relevancia, poder,
aburguesamento ... para que non pensen que eu son un/ha mexericas. Cantas veces nos ten pasado! E tamén,
cantas veces o ternos esquecido e repetido. Aquilo de,
"se queres acalar o veciño, dálle un carguiño".
Entón nin Espírito, nin
principios, nin convicións, nin ... deixámonos ir, inda que logo nos
arrepintamos, pois case sempre é tarde. O Espírito
está, pero nós témolo secuestrado, amestrado á
nosa comenencia. Como molesta e fainos revisar onde ternos posto o eixo da nosa vida, preferimos
aparcalo, escondelo, sacarlle o volume ... silencialo. Pero facémolo nós, non El, que segue presente inda que non nos guste.
• Canto vimos dicindo non
son máis que consecuencias do noso bautismo. Si, xa sei que
podemos saír afirmando que a nós bautizáronnos,
que eramos pequenos, que nos meteron no club sen pedimos opinión ... pero tampouco debemos esquecer que hoxe, no aquí e agora
de cadaquén, ninguén nos obriga a ser
crentes, a confesar a fe, a participar nas celebracións, e
moitas máis cousas en relación coa nosa fe. Pero se o facemos, non podemos esquecer todo canto iso
nos compromete e esixe. Ser cristián no medio do mundo, con criterio, con racionalidade, con
capacidade de facer escoitar a voz e non deixarse enganar nin manipular polo
interese persoal, non é doado.
Xa o sabemos, pero se
queremos selo, non queda outra
que facelo de maneira coherente, responsable e libre. Como o fixo Xesús, e como estamos
chamados a facelo nós. O bautismo non é máis que un sinal de que alí comezamos
un camiño que ternos que ir facendo
cada día, nunca solos, senón en comunidade; tampouco en gueto, senón no medio do mundo e sabendo da
pluralidade que nel hai. Este é o reto. Seremos capaces
de acollelo?
ORACIÓN DA COMUNIDADE
Coma Xesús, coma Pedro, coma Isaías, coma tantas e tantas persoas que
nos transmitiron a fe que profesamos e cremos, poñémonos nós tamén nas túas
mans amorosas de Nai e dicímosche:
GRAZAS, SEÑOR, POR CHAMARNOS
Para que na
Igrexa saibamos ter sempre actitudes de respecto, liberdade,
coherencia e responsabilidade, desterrando a tentación de cremo s mellores e superiores aos
demais, OREMOS.
GRAZAS, SEÑOR, POR CHAMARNOS
• Para que nos
esforcemos para que nas nosas
comunidades agromen experiencias de proximidade, axuda,
reocupación polos demais e acompañamento a quen se
senta necesitado, como un dos xeitos de facer visibles as consecuencias do noso bautismo, OREMOS.
GRAZAS, SEÑOR, POR CHAMARNOS
• Alenta,
Señor, na nosa vida o esforzo constante por
dicir si a toda acción e comportamento que nos faga mellores
persoas, máis achegados, menos egoístas, e
nunca autosuficientes, OREMOS.
GRAZAS, SEÑOR, POR CHAMARNOS
Grazas,
Señor, por esta invitación comunitaria e renovar as esixencias do noso
bautismo. P.X.N.S. Amén.
REFLEXIÓN
REFLEXIÓN
CANTOS
ENTRADA:
LECTURAS:
A auga do Señor
OFERTORIO:
OFERTORIO:
COMUÑÓN:
Grazas, Señor, graciñas
OUTRAS:
POWER POINTS
Comentarios
Publicar un comentario