4 may. 2014

Recoñecérono na fracción do pan - Lc 24, 13-35

Domingo 3 de Pascua - ciclo A



RESUCITOU

Resucitou.
Vive e está connosco.
É o Señor da Vida,
que nos acompaña sempre.

o que viviu no medio do seu pobo,
que andou facendo o ben,
que opto u polos pobres,
que loitou pola xustiza.

O que nos amosou a misericordia do Pai,
que integrou aos excluídos,
que nos ensinou a amar ao xeito de Deus,
que anunciou o Reino e deu a vida.

É Xesús de Nazaret, Deus connosco,
quen nos invita a morrer a todo egoísmo,
para vivir a festa do dar.

Nel Deus revelounos e mostrounos
que o camiño de dar a vida
é vivir para os demais. Amén. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario