Domingo 4 de Pascua - ciclo A
DOMINGO IV DE
PASCUA - CICLO A
Primeira Lectura Feit 2, 14a. 36-41
LECTURA DO LIBRO DOS FEITOS DOS APÓSTOLOS
Deus constituíuno Señor e Cristo
O
día de Pentecoste, Pedro, de pé cos Once, levantou a voz e dixo:
-
Saiba con certeza toda a casa de Israel que Deus fixo Señor e Mesías a este
Xesús a quen vós crucificastes.
Ó
sentiren isto, quedaron moi impresionados e dixéronlle a Pedro e aos outros
apóstolos:
‑Irmáns,
que debemos facer?
Pedro
respondeulles:
‑Arrepentídevos
e cambiade, que cada un de vós se faga bautizar no nome de Xesús para o perdón
dos seus pecados, e recibiredes o don do Espírito Santo. Porque a promesa é
para vós e mais para os vosos fillos e para todos os que están lonxe, tantos
como queira chamar o Señor, noso Deus.
Con
moitas outras palabras testificaba e animábaos, dicindo:
‑Salvádevos
desta xeración ruín.
Os
que recibiron a súa palabra foron bautizados: e ese mesmo día xuntáronselles
arredor de tres mil almas.
Palabra do Señor R/.
Grazas a Deus
SALMO RESPONSORIAL Sal 22, 1-3a. 3b-4. 5. 6
R/. (1): O Señor é o meu
pastor: nada me falta.
Ou: Aleluia.
O Señor é o meu pastor, nada me
falta:
En pastos verdecentes faime
repousar.
El lévame a beber en augas
tranquilas
e repón as miñas forzas;
Guíame por vereas rectas,
por mor do seu nome.
Se tiver de pasar por valgadas
sombrizas,
ningún mal temería, pois ti vas
comigo:
o teu bastón e o teu caxato son o
meu sosego.
Ti pos para min a mesa,
á cara dos meus inimigos;
únxesme con perfume a cabeza,
e a miña copa reborda.
O teu benquerer e a túa
misericordia vanme seguindo
tódolos días da miña vida.
Eu habitarei na casa do Señor
por días prolongados sen fin.
Segunda Lectura 1Pe 2, 20b-25
LECTURA DA PRIMEIRA CARTA DO APÓSTOLO SAN PEDRO
Convertéstesvos ao pastor das
vosas almas
Benqueridos
irmáns:
Se
vos portades ben e, mesmo así, aguantades sufrimentos, isto é precioso aos
ollos de Deus.
De
feito chamouvos Deus para isto,
porque tamén Cristo sufriu por
vós,
deixándovos así un exemplo para
que sigades os seus pasos.
El,
que non fixo pecado,
nin engano se atopou na súa boca,
cando o aldraxaban, non devolvía
aldraxes;
mentres sufría, non ameazaba,
senón que se puña nas mans do que
xulga con xustiza.
No
seu corpo, el ofrendou os nosos pecados sobre a cruz,
para que nós, mortos ao pecado,
vivamos para a xustiza:
curáronnos as súas chagas.
Erades
coma ovellas extraviadas,
pero agora volvéstesvos ao voso
pegureiro e pastor.
Palabra do Señor R/.
Grazas a Deus
ALELUIA Xn 10, 14
Se non se canta, pódese omitir.
Aleluia, aleluia.
Eu son o bo pastor, di o Señor;
coñezo as miñas ovellas e elas
coñécenme a min.
Aleluia.
Evanxeo Xn 10, 1-10
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN
Eu son a porta das ovellas
‑Con
toda verdade volo aseguro: o que non entra pola porta no curral das ovellas,
senón que sobe por outra parte, é un ladrón e un bandido.
En
cambio, quen entra pola porta é o pastor das ovellas. A ese ábrelle o porteiro,
e as ovellas escoitan a súa voz. Chama as súas polo nome e lévaas a fóra. Cando
as dá sacado a todas, vai diante delas e as ovellas ségueno, pois recoñecen a
súa voz.
Pero
a un alleo non o seguirán, senón que fuxirán del, pois non coñecen a voz dos
alleos.
Díxolles
Xesús esta alegoría, mais eles non coñeceron que era o que lles daba a
entender.
Entón
díxolles de novo:
‑
Con toda verdade volo aseguro: eu son a porta das ovellas. todos os que viñeron
antes ca min eran ladróns e bandidos; pero as ovellas non os escoitaron. Eu son
a porta; se alguén entra por min, salvarase: entrará e sairá e atopará pasto.
O
ladrón non entra senón para roubar, matar e estragar. Eu vin para que teñan
vida e para que a teñan de abondo.
Palabra do Señor R/.
Loámoste, Cristo
O
TESTEMUÑO DO RESUCITADO É PARA NÓS CAMIÑO DE SEGUIMENTO E DE MADUREZ PERSOAL –
4º PASCUA 2014
TOMADO DE: http://remoldapalabra.blogspot.com.es/
TOMADO DE: http://remoldapalabra.blogspot.com.es/
ESCOITA ACTIVA
No día do Bo Pastor, e nun mundo tan orfo de pastores que queiran, agarimen
e se entreguen para servir con naturalidade e sen actitudes ambiguas e
desconfianza; reunímonos para comezar a celebración rezando xuntos e
agradecendo a Deus que poidamos ter persoas que nos acompañen e fagan posible
que as nosas comunidades poidan seguir xuntándose e gozando deste encontro
festivo do domingo. Damos grazas e pedimos para que, entre todos, sigamos
facendo dos nosos encontros de oración momentos de fe compartida, de vida
entregada e de esperanza vivida sempre no nome do Señor.
CORAZÓN
MISERICORDIOSO
(Podemos substituír
esta parte pola aspersión á comunidade e o canto, A auga do Señor)
Porque somos dos que criticamos, mais non dos que colaboramos, SEÑOR,
QUE NON NOS CREAMOS MÁS CA NINGUÉN.
Porque nos sobra intolerancia e nos falta humildade, CRISTO, QUE NON NOS
CREAMOS MÁS CA NINGUÉN.
Porque necesitamos paciencia e atéiganos a imprudencia, SEÑOR, QUE NON
NOS CREAMOS MÁS CA NINGUÉN.
PALABRA
ENRAIZADA
- O sentido comunitario que tiñan cantos formaban parte
dos primeiros grupos de cristiáns axudoulles a sentirse fortes e protexidos
diante das dificultades e mesmo dos ataques e persecucións que tiveron que
sufrir. Ao longo de todo este tempo pascual, o libro dos Feitos dos Apóstolos
iranos mostrando como, día a día, ían descubrindo a necesidade de axudarse, de
preocuparse uns polos outros, de non sentirse anónimos uns cos outros.
Coñecíanse e recoñecíanse, e non só, inda que tamén, ao partir o pan. O seu
recoñecemento era polo seu xeito de actuar, pola maneira de facer e dicir as
cousas, pola súa entrega e coherencia para non deixarse levar da presión social
ao saberse grupo minoritario, perseguido e sempre no punto de mira dos que
desconfiaban deles. Tamén nós, nestes tempos de pluralidade e multitude de
opcións relixiosas ou non, estamos chamados a presentar a alegría da fe como
unha actitude fundamental que nos faga mostrar que acoller e seguir a Cristo na
nosa vida non só é unha decisión en liberdade, senón, o que é máis importante,
unha opción que pon en acción toda a nosa vida e conviccións. Que non todo
vale, que non podemos/debemos despreocuparnos diante de situacións e
comportamentos de inxustiza e opresión. Que a fe ten que asentarse non na nada
do que non vemos, senón na confianza de quen acolle a Xesús resucitado na súa
vida...non para encher tempo e entreterse en rezos, senón para facer unha
sementeira de evanxeo nun mundo -o noso- necesitado de Boas Novas de salvación
e esperanza. Que importante o testemuño que nos deixaron aqueles primeiros
cristiáns!.
- Seguindo este mesmo vieiro
da primeira lectura, a primeira carta de Pedro fai un chamamento á constancia,
a non virse abaixo diante das dificultades; a saber botar áncoras que impidan
que as cousas sexan sempre tan relativas que a dignidade e o respecto que nos
merecen as persoas dependa do “cristal co que as mire cadaquén”, esquecendo que
dignidade e respecto son dons que veñen “de serie” para quen acolle e decide
vivir a fe en Xesús no seu vivir cotián. Non virse abaixo ás primeiras
dificultades, saber buscar o positivo diante dunha manchea de problemas,
aprender a deixar de laiarse para aproveitar eses folgos en construír e superar
atrancos son actitudes que como seguidores de Xesús e polo tanto cristiáns
confesantes debemos poñer cada en día en valor –práctica– superando a tentación
da rutina ou do pesimismo de quen non sabe descubrir que nos luscos e fuscos da
vida faise sempre presente Deus. O que nos falta, moitas das veces, é
capacidade de escoita para descubrir esa presenza. Sabendo quen é o noso norte
e o noso Pastor, non trabucaremos de camiño. É verdade, tamén, que seguiremos
tendo atrancos e dificultades, pero nunca nos sentiremos solos.
- Entrar pola porta do
curral, contra do que moitos pensan, non é sinónimo de gregarismo, sometemento
ou manipulación. Todo o contraio, entrar por esta porta lévanos a descubrir, e
a senti-lo gozo, de saber que non estamos solos, que ao noso lado hai moitas
persoas que, coma nós, teñen o mesmo horizonte e camiñan por vieiros parecidos
aos nosos, sen que por iso se sentan nin domesticados nin sometidos, senón
totalmente libres. A diferenza dos pastores que queren controlar, mandar,
impoñer, xulgar ou condenar, Cristo, o noso pastor, simplemente quere marcar
camiño termando de nós, e deixando que ese camiño que El nos invita a seguir o
fagamos sen prexuízos nin imposición, senón sentíndonos libres e con capacidade
de optar e decidir. E porque o coñecemos e sabemos quen é, non temos nin medo
nin vergoña a dicir que o seguimos e que nel atopamos acougo e sempre agarimo.
FRATERNIDADE
ORANTE
Presentemos agora a nosa oración comunitaria a Deus, Pastor
que sempre terma de nós, e digamos xuntos:
QUE NOS ESFORCEMOS POR CONSTRUÍR A VIDA DESDE A
ALEGRÍA
Para que nos esforcemos por ser unha Igrexa sinxela, libre e
sempre na procura da xustiza, OREMOS.
QUE NOS ESFORCEMOS POR CONSTRUÍR A VIDA DESDE A
ALEGRÍA
Para que non caiamos na tentación de ser duros cos débiles e submisos
cos fortes, e así non sexamos coma os mediocres, que si o fan, OREMOS.
QUE NOS ESFORCEMOS POR CONSTRUÍR A VIDA DESDE A
ALEGRÍA
Para que na nosa
vida termemos de nós e dos demais, e así, se chega o lobo que mata, domina ,
engana, oprime ou afoga a nosa liberdade, saibamos facerlle fronte e non
deixemos que nos manipule, OREMOS.
QUE NOS ESFORCEMOS POR CONSTRUÍR A VIDA DESDE A
ALEGRÍA
Polas
persoas que alentan, animan e acompañan as celebracións das nosas comunidades,
para que fagan sempre este servizo con ledicia e transmitindo con sinceridade a
esperanza de Xesús, OREMOS.
QUE NOS ESFORCEMOS POR CONSTRUÍR A VIDA DESDE A
ALEGRÍA
Señor, que canto agora compartimos nesta oración
comunitaria, nos axude a non deixarnos levar de actitudes e comportamentos que
nos fan infelices e desenganados. P.X.N.S. Amén.
MIRADA
ESPERANZADA
Envía
,Pai, traballadores ás túas comunidades
-
Para que se multipliquen na Igrexa coma pastores
santos.
-
Para que non haxa mercedarios nin burócratas que
utilicen e enganen ás persoas.
-
Para que haxa pastores responsables que defendan e
busquen o benestar dos pobos, evitando prepotencias e corrupcións.
-
Para que os máis débiles e indefensos sexan protexidos
e valorados.
-
Para que non falten misioneiros e samaritanos que
evanxelicen aos pobres.
-
Para que os mozos e maiores non se pechen á chamada de
Deus.
-
Para que esta celebración nos teña axudado a
sentírmonos especialmente bendicidos e alimentados por Cristo pastor. Amén.
(Do texto de Caritas, coresma e
pascua, 2014. 213)
CANTO GOZOSO
ENTRADA:
Ti es camiño e verdade
LECTURAS:
Oh, Señor, escólleme
OFERTORIO:
O Señor é o meu pastor
COMUÑÓN:
Bendito Ti, Señor Resucitado
Comentarios
Publicar un comentario