Domingo 3 de Pascua - ciclo A
DOMINGO III DE
PASCUA -
CICLO A
LECTURA DO LIBRO DOS FEITOS DOS APÓSTOLOS
Era imposible que fora retido
pola morte
O
día de Pentecoste, Pedro, de pé cos Once, levantou a voz e díxolles:
‑
Xudeus e todos os que habitades en Xerusalén: entendede ben e escoitade as
miñas palabras:
Fálovos
de Xesús de Nazaret, home acreditado por Deus diante de vós por milagres,
marabillas e sinais que Deus fixo por el entre vós, como vós mesmos sabedes; a
este, entregado conforme ao plan establecido e á previsión de Deus, matástelo
crucificándoo por man de impíos. Pero Deus resucitouno, librándoo das dores da
morte, pois non era posible que ficase baixo o seu dominio.
Xa
David di del:
Eu
vía decote o Señor diante miña,
xa que está á miña dereita, para
que eu non vacile;
por iso alegrouse o meu corazón e
aledouse a miña lingua,
e mesmo a miña carne acougará
esperanzada;
porque non abandonarás a miña
alma no sitio dos mortos
nin permitirás que o teu santo vexa
a corrupción.
Déchesme
a coñecer camiños de vida,
encherasme de gozo coa túa presenza.
Irmáns,
permitide que vos diga claramente que o patriarca David morreu e enterrárono e
o seu sepulcro aínda está hoxe entre nós.
Pero,
como el era profeta e sabía que Deus lle asegurara con xuramento que un
descendente do seu sangue había sentar no seu trono, en visión profética falou
da resurrección do Mesías, que nin quedou abandonado entre os mortos nin a súa
carne viu a corrupción.
A
este Xesús resucitouno Deus, cousa da que todos nós somos testemuñas. E agora,
engrandecido pola dereita de Deus e recibido do Pai o prometido Espírito Santo,
espallouno, que é o que vós vedes e sentides.
Palabra do Señor R/.
Grazas a Deus
SALMO
RESPONSORIAL Sal 15, 1-2a e 5. 7-8. 9-10. 11
R/. (11a): Has amosarme,
Señor, camiños de vida.
Ou: Aleluia.
Gárdame, Deus, que en ti busco
agarimo.
Eu declaro ao Señor: Ti es o meu
dono,
Ti es, Señor, a porción da miña
herdade e do meu cáliz,
está nas túas mans o meu porvir.
Bendigo o Señor que me aconsella,
e ata de noite me ensina no meu
íntimo.
Teño sempre presente o Señor,
con el ao meu lado non vou
vacilar.
Por iso o meu corazón está
contento,
as miñas entrañas reloucan
e o meu corpo descansa seguro,
pois non abandonarás no abismo a
miña vida,
nin deixarás que o teu santo vexa
a corrupción.
Has amosarme camiños de vida,
has encherme onda ti de ledicia,
de gozo sen fin ao teu lado.
Segunda Lectura 1 Pe 1, 17-21
LECTURA DA PRIMEIRA CARTA DO APÓSTOLO SAN PEDRO
Fostes redimidos polo precioso
sangue do Año Inmaculado,Cristo
Benqueridos
irmáns:
Aínda
que lle podedes chamar Pai ao que xulga con imparcialidade as obras de cada un,
comportádevos con respecto durante o tempo do voso peregrinar.
Porque
xa vedes que non vos rescataron dese tipo idolátrico de vida, que recibistes
dos vosos pais, con algo perecedoiro, tal coma ouro ou prata; senón que vos
rescataron co precioso sangue de Cristo, Año sen defecto nin tacha.
El
xa estaba escollido de antes da creación do mundo pero presentouse nos
derradeiros tempos para o voso ben. Por medio del tedes fe en Deus que o
resucitou da morte e o glorificou, e dese xeito a vosa fe e a vosa esperanza
están postas en Deus.
Palabra do Señor R/.
Grazas a Deus
ALELUIA Cf. Lc 24, 32
Se non se canta, pódese omitir.
Aleluia, aleluia.
Señor Xesús, descúbrenos o
sentido das Escrituras;
fai arder o noso corazón mentres
nos falas.
Aleluia.
Evanxeo Lc 24, 13-35
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS
Recoñecérono na fracción do pan
Naquel
día, o primeiro da semana, dous dos discípulos ían camiño de Emaús, unha aldea
que está a uns dez quilómetros de Xerusalén.
Ían
falando de canto pasara. E resulta que mentres parolaban e discutían, Xesús en
persoa achegouse e camiñaba canda eles. Pero os seus ollos estaban
incapacitados para o recoñeceren. Entón preguntoulles:
‑
De que ides falando polo camiño?
Eles
pararon cun aspecto moi tristeiro, e Cleofás, un deles, respondeulle:
‑
Seica es ti o único forasteiro en Xerusalén, que non sabe nada do que pasou alí
durante estes días?
El
preguntou:
‑
De que, logo?
Eles
contestaron:
‑
Do asunto de Xesús o Nazareno, que foi un profeta poderoso en obras e palabras,
ante Deus e ante o pobo todo; de como os nosos sumos sacerdotes e demais xefes
o condenaron a morte e o crucificaron.
Nós
esperabamos que el fose quen liberase a Israel; pero xa van alá tres días desde
que pasaron estas cousas. Claro que algunhas mulleres das nosas déronnos un
susto, porque foron ao riscar o día ao sepulcro, e, ao non atoparen o corpo,
volveron falando dunha visión de anxos, que lles aseguraron que el vive. E
algúns dos nosos alá foron ao sepulcro, atopando todo como as mulleres dixeran;
pero a el non o viron.
Entón
díxolles:
‑
Que parvos e lentos sodes para crer todo o que anunciaron os profetas! E logo,
non cumpría que o Cristo padecese todo isto, antes de entrar na súa gloria?
E
comezando por Moisés e todos os profetas, foilles interpretando o que as
Escrituras falaban del.
Ó
entraren na aldea onde ían, fixo coma quen quería seguir para adiante. Pero
eles porfiáronlle, dicindo:
‑
Queda connosco, porque se fai tarde, e a noite bótase enriba.
Quedou
con eles. E mentres estaban na mesa, colleu o pan, bendiciuno e partiuno e
déullelo. Entón abríronselles os ollos e recoñecérono; pero el desapareceu.
E
dixeron:
‑
Non ardía o noso corazón, cando nos falaba polo camiño, interpretándonos as
Escrituras?
E
levantándose axiña, volveron a Xerusalén. Alí atoparon os Once reunidos cos
seus acompañantes, que dicían:
‑
É certo, o Señor resucitou e aparecéuselle a Simón.
Eles
tamén contaron o que lles pasara polo camiño, e como o recoñeceran no partir o
pan.
Palabra do Señor R/.
Loámoste, Cristo
Deixando pegadas no camiño,
sempre chegamos á meta
PÓRTICO
Coma os
discípulos de Emaús, tamén nós hoxe te recoñecemos ao partir o
pan. Un pan que moitas veces está duro porque a vida non sempre é doada. Pero alí estás Ti. Un pan que
noutras ocasións está aínda sen facer e se converte en
pequenos que non son queridos e cuxa vida non lles vale nada aos maiores que por eles deciden.
Pero alí
tamén estás Ti. Un pan que noutras ocasións está tan queimado pola dureza da
vida, polo abandono ao ser maiores, pola tristura de estar solos, poi a falta de
traballo, polo fracaso de todos os proxectos, pois a desilusión
que nos causan persoas ás que criamos amigas, un pan ... demasiado torrado. Pero alí segues
estando Ti.
Por iso
nesta mañá, non sómente te recoñecemos no pan que se fai presente no medio da
comunidade, senón que estamos decididos a levarte dentro de nós
para que sigas a ser o alimento que nunca nos falte e sempre nos ama.
Participemos xuntos deste pan.
PERDÓN
• Por deixar endurecer o pan da fraternidade que cada día nos
ofreces e invitas a compartir,
SEÑOR, ALIMÉNTANOS
CO TEU PAN.
• Por non saber recoñecerte ao partir o pan do amor na nosa
familia e na nosa parroquia,
CRISTO, ALIMÉNTANOS
CO TEU PAN.
• Por non querer entender que o pan non é só alimento físico, senón tamén: perdón, misericordia, axuda, preocupación polos
demais ...
SEÑOR, ALIMÉNTANOS CO
TEU PAN.
REMUÍÑO
• A resurrección de
Xesús é a maior e mellor de tódalas pegadas que El foi deixando tras de si. Nela invítanos
a caer na conta que falar de resurrección é establecer no
noso camiño unha meta, a orientación e o rumbo que queremos dar a
nosa vida. Non é, polo tanto, nin algo máxico nin tampouco unha lenda ou
un conto, como algúns ás veces din, senón un
verdadeiro e grandioso xesto de amor que fai que a nosa vida cobre pleno e
total sentido. Os camiño e as metas son
fundamentais, porque van facendo que a vida se vaia desenvolvendo non ás toas, senón con
pleno sentido.
Os crentes
en Xesús de Nazaré sabemos que a vida, por difícil e
moitas veces, na súa aparencia chea de fracaso, paga a pena
vivila e comprometerse desde ela para facerlla
máis doada aos demais. Que non todo son éxitos e acertos, tamén Xesús
resucita nas incomprensións, nas tristuras, nos enganos nos que podemos caer. É máis, nesas situacións de aparente fracaso e frustración, é onde a
resurrección se fai real e concreta; nela
ábresenos unha treboada de esperanza que somos invitados a acoller para camiñar
tras dela.
• E esta
invitación abríusenos na noite de pascua. Se lembramos, no pregón
eramos invitados a manifestar que Xesús resucitara, que o
pasado non vai volver, que hai que deixalo atrás,
que agora xurde o novo, e non podemos deixalo pasar por diante nosa como se
fose un costume ou unha rutina. Resucitou, si!, e con El
sabemos que tamén nós iremos resucitando.
Pero o
comezo desa resurrección xa está no aquí: o aquí que nos fai
mellores persoas, o aquí que non nos deixa
caer no pesimismo, o aquí que nos chama a non vivir a fe nin como costume nin
como unha tradición, senón como unha experiencia viva e nova, que vai callando en
nós, e nos ofrece un forno cheo de pan quente convertido en actitudes que
buscan xustiza, que non calan diante da maldade, que non se
volven indiferentes diante dos demais, que non volven a cara diante dos
poderosos que oprimen, mandan e manipulan. Si, a resurrección xa comezou para
cada un/a de nós, subamos ao carro e
fagamos da nosa vida algo distinto.
• E que
mellor signo que a reunión da comunidade no domingo para expresalo e
vivilo. Coma os de Emaús, tamén nós hoxe somos invitados a recoñecelo neste pan
que imos partir e compartir. Un pan que quere ser forza e alimento
contra toda desesperanza, individualismo e
calquera outra actitude derrotista. Nisto consiste afirmar que cremos
que a morte non é o final do camiño. Ela, inda que aparentemente o
poida parecer, non manda; é a vida á que se nos abre
e á que se nos invita. Acollámola e rebelémonos di ante da indiferenza e a rutina! Porque Cristo
resucitou, convencédevos: os malos non van
gañar!
ORACIÓN DA COMUNIDADE
Unimos
agora palabra e corazón para compartir a oración, que como
comunidade que celebra e confesa a fe, busca a forza solidaria da confianza en Deus. E dicimos xuntos:
QUE TE
RECOÑEZAMOS NO PAN PARTIDO E COMPARTIDO
• Porque nos invitas a vivir o camiño da vida non
individualmente, senón en comunidade, que nos
esforcemos por descubrir que non somos mera estatística silenciosa dentro da
Igrexa. Porque ti es alimento, nós estamos chamados a
ser sempre a túa voz, Oremos.
QUE TE RECOÑEZAMOS NO PAN PARTIDO E
COMPARTIDO
• Porque somos
comunidades que, reunidas no teu nome, queremos
camiñar alimentándonos do teu pan, que non deixemos pasar diante de nós a invitación de
construír esperanza cos veciños, nos barrios, na colaboración parroquial. .. e canta iniciativa que beneficie a todos, Oremos.
QUE TE RECOÑEZAMOS NO PAN PARTIDO E COMPARTIDO
• Porque pascua é sempre vida e resurrección. Que cada un de nós deixemos entrar no corazón o pan compartido que alimente a nosa vida nas ledicias e nas dificultades. E que a
nosa fe non se afaste nunca da riqueza do Evanxeo, Oremos.
QUE TE RECOÑEZAMOS NO PAN PARTIDO
E COMPARTIDO.
Grazas,
Señor, por invitamos a compartir o pan da Eucaristía, pan de
fraternidade e xustiza. P.X.N.Señor.Amén.
REFLEXIÓN
Non cambiedes.
O desexo de cambiar inimigo do amor.
Non vos cambiedes a vós mesmos: amádevos a vós mesmos tal como sodes.
Non fagades cambiar aos demais: amade a todos tal e como son.
Non intentedes cambiar o mundo: O mundo está nas mans de Deus, e El sábeo.
E se o facedes así... todo cambiará marabillosamente ao seu tempo e á súa maneira.
Deixádevos levar pola corrente da vida... lixeiros de equipaxe.
(A. de
Mello)
CANTOS
Ternos una festa.
GLORIA
LECTURAS:
Camiñarei na presenza
do Señor
OFERTORIO:
Cantádelle ao Señor
COMUÑÓN:
Pan do ceo
Comentarios
Publicar un comentario