11 may. 2014

Eu son a porta das ovellas - Xn 10, 1-10

Domingo 4 de Pascua - ciclo A


XESÚS É O NOSO SEÑOR

Di co corazón: Xesús é Señor.
Dío cos beizos: Xesús é Señor.
Grávao nas túas entrañas: Xesús é Señor.
Cántao coa túa voz: Xesús é Señor

Xesús é Señor: facho de liberdade,
fonte de alegría, vento de paz,
vitoria sobre toda morte;
estandarte no máis alto da terra,
sol nas profundidades do noso ser,
meta do noso camiñar,
compañeiro de vida e esperanzas ...
que ninguén nos poderá quitar.

Xesús é Señor: del brota a vida,
nel a nosa esperanza, con o todo ben,
a el o noso recoñecemento,
para el a nosa vontade, por el a nosa plenitude;
el a nosa xustiza, el a nosa salvación ...
que ninguén nos poderá quitar.

Xesús é Señor: xa non hai máis señores;
os señores do diñeiro e da saúde,
das armas e das leis, do poder e dos negocios,
da democracia e da razón de estado,
da carne e do templo:
todos os príncipes deste mundo,
señores das tebras, están vencidos.

Xesús é Señor: o que vive e o que fai vivir;
o que nos cura, recrea e salva onte, hoxe e sempre.
Xesús é o meu Señor.
Non hai outros señores.
Xesús é o noso Señor.

No hay comentarios:

Publicar un comentario