Quen non está contra nós, está connosco - Mc 9, 38-43.45.47-48
Domingo 26 de ordinario -ciclo B
PARA APRENDER A NON EXCLUÍR A NINGUÉN
Ti, noso Deus, es o Pai de todos,
a sabedoría sen límites
que iluminas permanentemente
o camiño e a busca de todos os humanos.
Nada hai alleo a ti neste mundo;
todo canto sabe a graza e a verdade
ten en ti o seu fundamento.
Fástenos presente en toda a creación,
e nela nos invitas a recoñecerte,
a coidarte e a servirte.
Fástenos presente en todo home
e en toda muller,
e neles nos invitas tamén a escoitarte,
a obedecerte e a servirte.
Fástenos presente en todas as relixións,
en todos os homes e mulleres
que ergueron de vello os seus ollos ao ceo
na procura de sinxe1eza e plenitude.
E en todas as relixións nos invitas tamén
a escoitarte, obedecerte e servirte.
Fástenos presente en todos os máis pequenos
que son o teu retrato sagrado máis feito,
e invítasnos a adorarte neles,
e a convertelos no derradeiro sinal
de ti, Deus, para nós todos.
Graciñas, Deus, Pai de todos,
que en todos queres ser amado e servido.
Con todos te adoramos, escoitamos e servimos
nesta hora grande da irmandade.
Comentarios
Publicar un comentario