Seguimos facendo amigos...

Xa hai un tempo que vin por primeira vez estes debuxos pero non sabía que tiñan unha páxina web propia http://www.ciscodoamor.com.br/, así que cando din con ela leveime unha alegría. Recoñezo que, aparte de San Paulo, se teño debilidade por un santo en especial é por San Francisco, e estes debuxos son deste santo "cando era cativiño"... unha tenrura, de verdade tocan o corazón.

A páxina é brasileira pero teño permiso para poñela en galego (que só cambian catro cousiñas de nada), xa me diredes se vos gusta...

E para mostra... un botón (como nos dicían as nosas nais de nenos):




(Tedes a ligazón no apartado de blogues)

Comentarios

Publicacións populares