Loa a miña alma ó Señor - Salmo 145

Domingo 23 ordinario - ciclo B



POUSAR EN DEUS A PROPIA VIDA

Deus, meu Deus,
miña luz, meu norte, meu camiño,
pedra firme onde asento o meu ser todo,
meta de todos os meus afáns, meu Deus!

Eu -ben me coñeces- eu son unha pouca cousa,
unha persoa, nada máis, unha persoa,
envolta en luces e escuridades,
chea de preguntas sen repostas,
cobizosa de paz, serenidade e plenitude.

Poño a miña vida diante túa,
porque eu non a entendo, non me entendo;
quixer penetrar na fondura do pozo do meu ser,
pero non dou chegado;
quixer coñecerme e discernirme,
pero non o dou feito.

Deus, meu Deus, que me creaches,
que me fixeches a imaxe e semellanza túa,
e por iso tan amplo e impenetrable!
Póusome en Ti, nas túas mans,
e calo e escoito,
e contemplo e acougo.

Ti es a miña explicación máis fonda e verdadeira,
por iso veño onda Ti
co me fardelo de camiñante ao lombo,
meu Deus, meu camiño e meu acougo!


Comentarios

Publicacións populares