FESTIVIDADE 14 setembro: Exaltación da Cruz



Cara ao ano 320 a Emperatriz Elena de Constantinopla atopou a Vera Cruz, a cruz en que morreu Xesús. A Emperatriz e o seu fillo Constantino fixeron construír no sitio do descubrimento a Basílica do Santo Sepulcro, no que gardaron a reliquia.

O rei de Persia, no 614 invadiu e conquistou Xerusalén e levou a Cruz para poñela baixo os pés do seu trono como signo do seu desprezo polo cristianismo. No 628 o emperador Heraclio logrou derrotalo e recuperou a Cruz e levouna de novo a Xerusalén o 14 de setembro dese mesmo ano. Para iso realizouse unha cerimonia na que a Cruz  foi levada en persoa polo emperador a través da cidade. Desde entón, ese día quedou sinalado nos calendarios litúrxicos como o da Exaltación da Vera Cruz.


A Santa Cruz (para evitar novos roubos) foi partida en varios anacos. Un foi levado a Roma, outro a Constantinopla, un terceiro deixouse nun fermoso cofre de prata en Xerusalén. Outro se partiu en achas para repartilas en diversas igrexas do mundo enteiro, que se chamaron "Veracruz"(verdadeira cruz).
A San Antonio Abad (ano 300, festa o 17 de xaneiro) sucedeulle que o demo o atacaba con terribles tentacións e contan que un día, angustiado por tantos ataques, ocorréuselle facerse o sinal da Cruz, e o demo afastouse. En diante cada vez que lle chegaban os ataques diabólicos, o santo facía o sinal da cruz e o inimigo fuxía. E din que entón empezou o costume de facer o sinal da cruz para librarse de males.


TEXTO ADAPTADO DE:





Comentarios

Publicacións populares