Festividade de San Miguel, San Rafael e San Gabriel arcanxos
A Igrexa honra con culto litúrxico a
tres figuras de anxos, ós que na Sagrada Escritura chámaselles cun nome.
San Rafael Arcanxo, "Rafa-O"
significa: "Deus cura". El fíxose coñecer pola
historia de Tobías no Antigo Testamento (Cf. Tob. 12, 50.20, etc.),
tan significativa no feito de confiar aos anxos os pequenos fillos de
Deus, sempre necesitados de custodia, coidado e protección.
chamado menciña de Deus,
saúde dos enfermos,
saúde dos enfermos,
luz dos cegos, guía de camiñantes,
protector da esmola,
do xaxún e da oración:
do xaxún e da oración:
por aquela caridade
con que acompañaches
con que acompañaches
ao mozo Tobías, pídoche,
oh! glorioso protector meu,
me líbres de todos
os males e perigos
os males e perigos
e me acompáñes na peregrinación
desta vida mortal,
para chegar felizmente
para chegar felizmente
ao porto de salvación na eterna.
Amén.
San Gabriel Arcanxo, figura vinculada sobre todo ao misterio da Encarnación do Fillo de Deus (Cf. Lc. 1, 19.26). O seu nome significa: "O meu poder é Deus" ou "Forza de Deus", como para dicir que no culme da creación, a Encarnación, é o signo supremo do Pai omnipotente.
chamado fortaleza de Deus,
príncipe excelentísimo
entre os espíritos anxélicos,
embaixador do Altísimo,
que mereciches ser escollido
para anunciar á Santísima Virxe
a Encarnación do Divino Verbo
nas súas purísimas entrañas:
eu suplícoche teñas a ben
rogar a Deus por min,
miserable pecador,
para que coñecendo
e adorando este inefable misterio,
logre gozar o froito
da divina redención
na gloria celestial.
Amén.
San Miguel Arcanxo (Cf. Dan. 10,
13.20; Ap. 12, 7; Jdt. 9). O seu nome expresa sintéticamente a
actitude esencial dos espíritos bos: "Mica-O" significa,
en efecto: “Quen como Deus?” Neste nome está expresada, a
elección salvífica grazas á cal os anxos "ven a face do Pai"
que está nos ceos.
deféndenos na
batalla.
Se o noso amparo contra a perversidade
e as
asexanzas do demo.
Reprímao Deus, pedimos suplicantes,
e ti, príncipe da milicia celestial,
arroxa ao inferno co divino poder
a satanás e aos outros espíritos
malignos
que andan dispersos polo mundo
para a perdición das almas.
Amén.
Cada unha destas tres figuras (Mica-O,
Gabri-O, Rafa-O), reflicten de modo particular a verdade contida na
pregunta exposta polo autor da Carta aos Hebreos:
"Non son todos eles espíritos
administradores, enviados para servizo en favor dos que han de herdar
a salvación?" (Hb. 1, 14)".
Xoán Paulo II
Catequese de Agosto 6 de 1986, número
8
Figuras do escultor Fernando Aguado
Comentarios
Publicar un comentario