Primeiro trimestre parroquial
Xa sabedes que continúo buscando na rede novidades e curiosidades, desta vez déixovos unha moi extendida en EEUU, que é coñecer a Xerusalén de Xesús; fixen un plano coas partes que aparecen nos evanxeos e fágovos unha suxerencia: se non se vos ocurre nada para facer cos maiores (tanto adultos como xoves), lembrade unha bonita afición que fai aparecer verdadeiros artistas, a dos "belenistas".
Ficha para os nenos:
Debuxos de FANO
Teño amigos que son verdadeiros expertos e fan cousas marabillosas cun pouco de poliexpán e uns botes de pintura, quen sabe?... ó mellor vos animades e podedes facer para o colexio ou a parroquia un belén tan churrusqueiro coma o de Baltar. Todos poden colaborar e os maiores ensinan ós máis xoves, ou ó revés, pódese compartir imaxinación e experiencia, e cada ano aparecen novas ideas para facer (pero como hai que ir facéndoo paseniño e con tempo, mellor empezar xa ou esperar a un pouco máis adiante para prepara-lo Advento)...
Exemplos:
http://blogsbelenismo-tecnicas.blogspot.com.es/
http://www.artes-ana.com/t36-montana-de-espuma-aislante
Que vos parece a idea?
Comentarios
Publicar un comentario