Fixo oir aos xordos e falar a os mudos - Mc, 7, 34-37

Domingo 23 ordinario - ciclo B


“EFFATÁ!”. ÁBRETE!

Xesús,
dános oídos abertos
para escoitarmos
a chamada á solidariedade
cos nosos veciños máis pequenos.

Xesús,
dános oídos xenerosos
para saltarmos á primeira
ante calquera demanda
das nosas calidades e servizos.

Xesús,
dános oídos finos
para distinguir as chamadas
e apegamos de corazón
ás que nos falan do amor na verdade.

Xesús,
dános oídos vigorosos
para facerlle caso
á urxente necesidade de organizarnos
para gañar e defender mellor
o noso pan e a nosa paz

Xesús,
dános oídos humildes
para acollermos con gozo
as palabras de loanza,
e aceptar con serenidade
as críticas e correccións.

Xesús,
dános oídos ledos
para percibir e gozar
toda a fermosura espallada
por esta grande terra galega.

Xesús,
danos tamén a palabra
para anunciar e compartir,
para cantar e celebrar
canto antes oímos coa túa axuda.

Manolo Regal “Un caxato para o camiño”








Comentarios

Publicacións populares