Camiñarei á vista do Señor na terra da vida - Salmo 114
Domingo 24 de Ordinario - ciclo B
PARA DEIXARSE GUIAR POR DEUS
Xesús, meu amigo,
meu mestre nas causas todas de Deus,
quero aprender de Ti,
quero andar polos camiños polos que Ti
andaches.
Ti deixácheste guiar sempre por Deus,
e nunca polos homes,
e eu quixer seguirte niso.
Cando falabas,
as túas palabras nacían sempre no
corazón de Deus,
e nunca no do propio interese;
e eu quixer seguirte niso.
Cando actuabas,
os teus feitos seguían sempre o ditado
de Deus,
e nunca o ditado dos poderosos;
e eu quixer seguirte niso.
Cando rezabas,
as túas pregarias dialogaban con Deus,
e nunca cos teus propios soños;
e eu quixer seguirte niso.
Cando defendías o pobo,
defendíalo porque o pobo era de Deus,
e nunca porque fose o lugar do teu
trono;
e eu quixer seguirte niso.
En todas as miñas cousas,
en todos os feitos e palabras da miña
vida
quérome deixar guiar por Deus,
coma ti, Xesús,
e non polos homes.
Comentarios
Publicar un comentario