Ti e-lo Cristo... É preciso que o Fillo do Home padeza moito
Domingo 24 de Ordinario - ciclo B
ORACIÓN DA TESTEMUÑA DE XESÚS
Señor Xesús,
quero servirte con toda humildade
no medio das bágoas e das probas.
Que nunca teña reparo en instruír
e predicar publicamente e polas casas
todo o que sexa de proveito para os
veciños.
Hei insistir en que se convertan a Deus
Pai
pola fe en ti, meu Señor Xesús.
Que o teu Espírito me avise,
me corrixa,me arrastre,
aínda que sexa por camiños
de cadeas e tribulacións.
Non me importa nin saber o que me
espera.
Xesús, coma Paulo,
eu tamén quero estimar en nada a miña
vida,
con tal que poida rematar a miña
carreira
e cumprir o servizo que me encargaches
de dar testemuño ante estes meus
veciños
da boa nova da graza de Deus.
Se eu puidese dicir ao remate da miña
vida
que non me sinto responsable da
perdición,
da tristura, da desesperanza,
da infidelidade de ninguén!
Dáme ousadía para anunciar o plan de
Deus.
Quero coidar o meu corpo e o meu
espírito,
e coidar tamén o corpo e o espírito
da comunidade
na que o Espírito Santo me puxo
como servidor e vixiante.
Non é a miña comunidade, Xesús,
é a comunidade do Pai,
que ti mercaches co teu sangue!
Axúdame a vixiar con ansia pola
comunidade,
sabendo que antes ca min houbo moitos
que gastaron aquí ánimos, esforzos e
esperanzas.
Que queira e saiba aconsellar con
bágoas
a cada un dos meus veciños.
Xesús, contigo encoméndome a Deus
e á súa palabra de graza
que ten poder para construír
e darme a herdanza entre todos os
santificados.
Xesús, coma ti, coma Paulo,
non cobizo de ninguén prata, ouro nin
roupa;
quero gañar o pan de cada día co meu
traballo,
odio a preguiza e os tempos perdidos.
Co meu traballo, coa miña pobreza,
quero poder compartir cos máis débiles
todo o que teña, saiba e poida,
porque tamén de ti aprendín, Xesús,
que na pobreza de se dar sen condicións
está a maior felicidade.
(Manolo REGAL, “Un caxato para o
camiño”)
Comentarios
Publicar un comentario