27 ene. 2012

Non endurezades os vosos corazóns - Salmo 94

Domingo 4 Ordinario - ciclo B


ANTE OS VALORES DO REINO

Señor, ante a oferta tentadora de diñeiro fácil,
do ter como primeira preocupación da vida,
dános clarividencia para descubrir os valores do Reino.

Os valores que duran e resisten ao desgaste do tempo inexorable;
e que non se desvalorizan como moeda fugaz,
que non resiste máis que flor dun día.

Dános, Señor, sabedoría para optar,
desde a pobreza, libre e voluntariamente escolleita,
polos valores do Reino que, coma a túa palabra, nunca pasan,
a pesares de que aterra perda a súa cortiza e o ceo se afunda.

Mantén o noso oído atento á túa palabra:
“Vende todo o que tes,
dáo aos pobres, ven e sígueme”.

Que o noso afán de cada día sexa ser pobres
e estar cos pobres polo Reino.
O resto sabemos que nolo darás con fartura. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario