27 ene. 2012

Ensinábaos coma quen ten autoridade - Mc 1, 21-28

Domingo 4 Ordinario - ciclo B

A AUTORIDADE DE XESÚS DE NAZARÉ

Observa ó teu redor e fíxate nesta cousa:
non hai autoridade sen señorío, sen rendas, sen criados,
sen carreiras e sen cartos.
Non hai autoridade sen poder.
Somos tan pouca cousa
que para facernos valer
botamos man do que ternos
e non do que somos.

Pero Xesús de Nazaré non foi así.
El non foi un gran Señor,
nin estudou ningunha carreira,
nin tiña criados a quen mandar,
nin rendas que cobrar,
nin foi gobernador nin alcalde,
nin médico nin cura.

Pero tiña autoridade.
Tiña a autoridade
da súa palabra cálida e forte,
do seu obrar limpo e consecuente,
do seu ensinar libre e creador.
Falaba con autoridade.

Falaba e actuaba.
Sen medos nin covardías.
Sen preguntarlle aos poderosos
cal debía ser a súa palabra,
e cal debía ser o seu silencio.
Non negociaba cos grandes
os límites das súas actuacións,
nin lles reducía aos pequenos
a súa presenza e a súa forza. 

...

No hay comentarios:

Publicar un comentario