Catequese Comuñón I

Este bloque é sobre todo para os catequistas, non directamente para os nenos, xa que ás veces a linguaxe non é apropiada; máis adiante poñerei unha ficha para os nenos onde repasen o máis importante.




CATEQUESE DA MISA (I)
- Antes de nada, é importante a PUNTUALIDADE.
- Para comezar ben unha cousa hai que ser puntuais.
- Ó importante chégase a tempo.
- É malo costume perderse o principio.
- Chegar tarde pode significar despreocupación. É falta de respecto aos demais, a quen, se  pode molestar ou distraer.
- Se por un imprevisto se chegase tarde, hai que ser moi discretos, non facer ruído, non taconear, non ir ó primeiro banco.

Os RITOS INICIAIS.

- Teñen a finalidade de introducir a celebración, de romper coa pasividade, de crear o clima festivo propio.


- Axudan a identificarse como crentes e a sentirse asemblea eclesial. Capacítannos a todos como celebrantes dos santos misterios, superando o noso individualismo.


- O sacerdote bica o altar, mentres se escoita o canto de entrada, canto festivo.


- Cando chegas a algún sitio é importante saudar. Na liturxia hai dous saúdos: o primeiro co signo da cruz, que é o gran saúdo cristián; o segundo con palabras de fe. Estamos reunidos no nome do Señor.


- Segue a purificación penitencial (cando pedimos perdón). É unha actitude necesaria para celebrar os santos misterios. Todos recoñecemos as nosas faltas cos irmáns.

- Nos domingos e nas festas cantamos ao Señor o himno da Gloria (mellor cantado sempre, coma os anxos cando anunciaron o seu nacemento) senón cunha recitación pausada. É adoración, acción de grazas, glorificación á Trindade.


- "Oremos..." - di o sacerdote. É a primeira invitación á oración, a unirnos á primeira oración do sacerdote, que é a colecta, pronunciada polo celebrante que preside a comunidade.

Comentarios

Publicacións populares