21 ene. 2012

Facede penitencia e crede no Evanxeo - Mc 1, 14-20

Domingo 3 Tpo. Ordinario


ENREDADOS

“Eles, deixando as redes, fóronse con Xesús”. (Mc 1, 19)

Redes que son atumes que nos prenden.
Redes son os medos e complexos que nos atan.
Redes son as cousas que nos escravizan.

Redes son os vicios que nos afogan.
Redes son os costumes sociais que nos despersonalizan.
Redes ...

Ninguén que estea enmarañado con redes
pode irse con Xesús.
El chama a persoas que fagan esforzo por voar ceibes.

Os que viven enredados cos cartos,
cos nego­cios, co poder, co sexo, coa fama ...
non poderán irse con Xesús.
El chama a persoas que se empe­ñan en vivir na liberdade.




No hay comentarios:

Publicar un comentario