Celebración Festa das Candeas

FESTA DA PRESENTACIÓN DO SEÑOR (CANDELORIA)


OBXECTIVO: Na Misa parroquial faise a presentación e bendición dos nenos bautizados durante o año.
 
PREPARACIÓN:
Con tempo, envíase unha carta aos pais dos nenos invitándoos a participar e que avisen da súa asistencia e traian a vela do bautismo. Resérvanse sitios cos nomes correspondentes, para os pais e os nenos. 
Son recibidos á porta da igrexa polo sacerdote ou matrimonio responsable e acompañados ao seu sitio.
 
CELEBRACIÓN:
Celébrase a Misa propia do día.
A bendición das candeas realízase, previa explicación da lectura do evanxeo. Deste modo, e dada a imposibilidade de procesión inicial, evitamos o sempre complicado momento de ancender, apagar e volver a prender as velas. Coa vela encendida proclámase o evanxeo, renóvanse as promesas bautismais e faise a presentación dos nenos.
No ofertorio, coa presentación do pan e do viño por parte dun dos pais, un pai fai presentación dos nenos.
Ó final da Misa, despois da oración, unha nai ofréceos á Virxe.
Ó terminar pódese facer un pequeno obsequio aos pais (libro, recordatorio...)
Na Misa da Catequese seguimos o mesmo esquema celebrativo suprimiendo a presentación dos nenos e o seu ofrecimento final á Virxe. 



BENDICIÓN DOS NENOS
Sacerdote: Xesús, Señor, que acolliches e bendicíche-los nenos, escoita a nosa oración, e bendícenos co teu amor.
TODOS: Bendícenos co teu amor, Xesús.
Lector 1: Xesús, amigo dos nenos, líbranos de todo mal.
TODOS: Bendícenos co teu amor, Xesús.
Lector 2: Xesús, que creciches no fogar de Nazaret, acompaña ti noso crecemento e a nosa educación.
TODOS: Bendícenos co teu amor, Xesús.
Lector 3: Xeús, que creciches co agarimo de María e de Xosé, pon o teu amor nos nosos pais, avós e familiares.
TODOS: Bendícenos co teu amor, Xesús.
Lector 4: Xesús, poñemos diante de ti os amigos e compañeiros e tódolos nenos veciños nosos: que te teñan de amigo, coma nós.
TODOS: Bendícenos co teu amor, Xesús.
Lector 5: Xesús, dános un corazón grande para comprender e axudar a tódolos nenos que son diferentes, discapacitados, enfermos.
TODOS: Bendícenos co teu amor, Xesús.
Lector 6: Xesús, hoxe poñemos diante de ti a tódolos nenos e familias víctimas da guerra, da misera, da emigración forzosa.
TODOS: Bendícenos co teu amor, Xesús.



Sacerdote:
Señor Xesús, amigo dos nenos,
Ti fuches presentado no templo diante de Deus, teu Pai, coma luz que ilumina a tódolos seres humanos.
Ti fuches neno coma nós e creciches nunha familia e nun fogar con María e Xosé.
Ti mostraches a todos que o teu Reino se constrúe cando as persoas nos queremos e sabemos respecta-las diferencias, vendo a imaxe de Deus en cada un.
Ti rogaches a Deus Pai polos teus discípulos e amigos para que saibamos amarnos como tu nos amas.
Mira agora estes nenos que hoxe a comunidade cristiá che presenta; une a túa pregaria ás nosas voces e pídelle a Deus Pai que faga repousa-lo seu amor e a súa paz sobre todos e cada un destes nenos.
Verte sobre todos eles a túa bendición e dálle-lo teu Espíritu, para que cheguen a grandes con saúde e plenitude; desenvolvan as súas cualidades no servicio da sociedade e do ben común, e sexan, no seu propio ambiente, as testemuñas e os amigos que anuncien e glorifiqun o teu nome.
Tí, que vives e reinas por sempre eternamente.
TODOS: Amén

PRESENTACIÓN DOS BAUTIZADOS NO OFERTORIO:                        
Xesto de ofrenda (pai)
"Señor, Ti nos deches estes fillos.
Confiáchesnos estas vidas que están empezando.
Acolle o noso xesto:
Presentámoschos dándote gracias pola túa bondade.
Aquí os tienes; confiámoschos.
Gárdaos e protéxeos coma Pai;
dálles a vida e a forza do teu Espírito
para que sexan sempre fieis
aos camiños da vida eterna
que nos aprendeu o teu Fillo, Xesús"


Consagración dos nenos a María (nai)
"María, Madre de Xesús,
ofrecémosche ós nosos fillos coma fillos teus:
Ofrecémosche os seus ollos
para que se abran ás marabillas da creación;
Ofrecémosche as súas mans
para que aprendan a construir un mundo máis humán;
ofrecémosche o seu corazón,
para que amen sen medida;
ofrecémosche todo o que son e serán
para que se namoren do ben e aborrezan o mal.
Madre, aquí tes aos teus fillos. En Ti poñemos a nosa confianza.
Gárdaos coma posesión túa."

Parroquia de Santa Margarida (A Coruña)

DEBUXOS PARA OS NENOS DA CATEQUESE :




 

Comentarios

Publicacións populares