Catequese Comuñón II
CATEQUESE DA MISA (II)
XESTOS E POSTURAS CORPORAIS NA MISA
- "A postura uniforme, que debe ser seguida por todos, é un signo de comunidade e unidade da asemblea. Facilita e fomenta a mellor participación de todos". É o que di o Misal.
- As posturas non son do gusto persoal, cando se trata dunha acción comunitaria. Seria caótico que cada un estivese como quixese. Todo acto social e público ten as súas regras e comportamentos. Outra cousa na oración individual.
- É importante non destacarse nin significarse na asemblea. Pode mesmo ser un acto de soberbia ante os demais, por exemplo, querendo manifestar máis fe ou devoción que os outros.
- Na Misa hai tres actitudes: de pé, sentados e de xeonllos.
ESTAR DE PÉ:
Cando hai que estar de pé? :
- Desde o principio até a oración recada.
- Durante o canto do Aleluia e o Evanxeo.
- Na recitación do Credo e na oración dos fieis.
- Desde que empeza a oración sobre as ofrendas até a consagración.
- Despois da consagración até a comuñón.
- Para recibir a comuñón.
- Desde a poscomunión até o final.
SENTADOS:
Significa ensinar, escoitar, meditar, orar. É signo de repouso, de familiaridade.
Cando hai que estar sentados? :
- Na homilía.
- Mentres a preparación e presentación dos dons.
- Ao longo do sacro silencio despois da comuñón.
DE XEONLLOS:
Significa penitencia, adoración, oración individual, humildade. Se unha persoa ten dificultade en axeonllarse pode quedar santada.
Cando hai que estar axeonllados en Misa?
- "Hai que estar de xeonllos, a non ser que o impida a estreiteza do lugar ou a aglomeración da concorrencia, ou calquera outra causa razoable, durante a consagración". É o único momento en que hai que arrodillarse en Misa.
- Non se debe facer ningunha xenuflexión antes de comulgar.
ADAPTADO DE :
http://www.mercaba.org/FICHAS/SACRAMENTOS/EUCARISTIA/misa.htm
ADAPTADO DE :
http://www.mercaba.org/FICHAS/SACRAMENTOS/EUCARISTIA/misa.htm
Comentarios
Publicar un comentario