Aquí veño, Señor, a facer a túa vontade - Salmo 39
Domingo 2 Tpo. Ordinario - ciclo B
COMA TI, XESÚS
Coma ti, Xesús,
xustamente coma ti.
Mansos e fortes coma ti.
Nin mais mansos, nin menos.
Nin mais fortes nin menos,
que ben lle chega ao criado
ser coma o seu Señor.
Mansos para amosar un pouco
a mansedume inmensa de Deus,
a súa tenrura ilimitada
con todos e cada un de nos,
que fomos amados ata o extremo.
Fortes para deixar entrever
o teu poder de liberación,
a túa forza de fraternidade,
o teu afán por sentar o pobre
nun trono de gloria.
Coma ti, Xesús,
xustamente coma ti.
Mansos e fortes coma ti.
Mansos, para que o mal non nos acede.
Fortes, para que o mal non nos dobregue.
Comentarios
Publicar un comentario